Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo alerta de que a Xunta débelle aos concellos 620 millóns de euros para o financiamento de competencias autonómicas asumidas polas entidades locais

Acusa á Xunta de “mentir” anunciando como propia a gratuidade das escolas infantís que pagan os concellos na súa maior parte

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, sinalou hoxe que a Xunta débelle aos concellos galegos ata 620 millóns de euros para o financiamento de competencias que son do executivo autonómico. Rodríguez Rumbo presentou unha interpelación ao conselleiro de Presidencia logo de que a Xunta encargara un contra – informe para responder do estudo da Fegamp sobre o financiamento de competencias impropias.

Rodríguez Rumbo explicou que o estudo, elaborado por expertos  en administración local, concellos, deputacións, universidades e técnicos da Fegamp sinala que os concellos teñen que asumir un custe de 1.000 millóns de euros polo financiamento de servizos derivados pola Xunta, mentres o goberno galego tan só traslada 373 millóns de euros a cambio. Deste xeito, concluíu, a Xunta “estalle a deber aos concellos 620 millóns de euros” sometendo as arcas locais a un “raquitismo orzamentario ao que non queren facer caso”.

Moi ao contrario, o que fixo o goberno galego foi pagarlle á USC 110.000 euros para facer un estudo, que non foi entregado nin no Parlamento nin na Fegamp, que “racha co diálogo e o consenso cos representantes dos 313 concellos de Galicia”. Aquel estudo sinala que os concellos están obrigados a pagar competencias da Xunta en materia de servizos sociais, mantemento de centros de ensino e de saúde, emerxencias, medio ambiente ou promoción da igualdade.

Lembra que estas conclusións contradín toda a normativa constitucional, autonómica e local e mesmo o Pacto Local asinado e 2006, e confirma que “o financiamento dos concellos non foi ni vai ser unha prioridade” para o goberno galego. Lembra que os Orzamentos da Xunta aprobados onte manteñen conxelado un ano máis o Fondo de Cooperación Local, mentres continúan sen achegar recursos suficientes, e os poucos que entregan son transferencias finalistas repartidas “a dedo”.

Escolas infantís

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego estea “máis preocupado da publicidade e da propaganda” que da prestación adecuada de servizos á cidadanía, como demostra que “pretendan vender que a gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos é grazas á Xunta”. Explicou que o 58 por cento do custe dunha escola infantil dunha vila media é asumido polo concello e o 28 por cento polas familias, mentres a Xunta só asume 20 por cento restante.

Sinalou que “non poden vender como algo propio o que non o é, e mentres esixirlle aos concellos que manden un papeliño dicindo que se fan cargo”. Reclamoulle á Xunta que “asuman a totalidade do custe das escolas infantís e paguen a parte que lles corresponde” e que asumen os concellos, o mesmo que sucede co Servizo de Axuda ao Fogar.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18