Categorías: Actualidade

Leticia Gallego denuncia no Parlamento que a Xunta evita rectificar para reincorporar Vilanova ao xeodestino do Salnés

lamenta a decisión do Consello Galego de Turismo de cambiar o concello ao xeodestino Mar de Santiago, en contra do sector turístico, a restauración e o comercio da Mancomunidade

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, presentou hoxe en Comisión parlamentaria unha proposta para reclamarlle á Xunta que reincorpore ao Concello de Vilanova ao xeodestino do Salnés. Gallego lamentou que o PP se negara a aprobar esta iniciativa, evitando asumir unha rectificación reclamada polo sector do turismo, a restauración e o comercio locais da Mancomunidade.

A responsable socialista levou hoxe ao Parlamento o novo mapa con 26 xeodestinos, aprobado na Xunta a finais de outubro, con 14 mais dos que figuraban anteriormente. Unha das decisións foi retirar ao concello de Vilanova do xeodestino do Salnés para incorporalo ao de Mar de Santiago, que comparte con Catoira, Valga e Pontecesures, deixando A Illa e Vilagarcía illadas entre Catoira e Vilanova.

Sinala que malia que Vilanova segue a participar dos servizos da Mancomunidade do Salnés, en materia turística “decidiu ir en solitario”, incorporándose á oferta dos concellos ribeirenses do Ulla, unha decisión que foi consagrada polo Consello Galego de Turismo primeiro e polo Consello da Xunta despois. A decisión xerou gran indignación a Mancomunidade, ata o punto de que o Consello Galego de Turismo adoptou a decisión por unha exigua minoría de 9 contra 8.

Gallego apunta que o propio sector privado “votou en contra porque é consciente de que vai repercutir negativamente na súa economía”, ademais de que “non corresponde a ningún tipo de motivación de carácter técnico e terá unhas consecuencias claramente prexudiciais para a comarca do Salnés”.

Advirte de que a Mancomunidade do Salnés non da por bos os argumentos da Xunta e lembra que contan con produtos turísticos propios vencellados ao fenómeno Xacobeo, ademais de outros adicionais dos que tamén participa Vilanova.

A semana pasada aprobaron en Pleno levar o novo mapa de xeodestinos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, unha decisión da que o PP da comarca se tivo que ausentar para non votar en contra, e o alcalde e unha concelleira de Sanxenxo se abstiveron.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28