Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reclámalle a Xunta e goberno central que garantan apoio financeiro, subministro enerxetico e melloras loxísticas para Stellantis en Vigo

O líder dos socialistas galegos constata o “avance das conversas” co Ministerio de Industria para garantir a asignación de novos modelos de vehículos para a planta logo de “moitos anos nos que non se ten feito nada”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe a Xunta e goberno central que garantan apoio financeiro, subministro enerxético e melloras loxísticas para a planta de Stellantis en Vigo. Así o dixo durante a visita á planta, que garante máis de 5.000 empregos directos e outros 20.000 indirectos no sector da automoción, xunto co seu director, Ignacio Bueno.

O responsable socialista lembrou que o complexo, o maior da firma en toda Europa, é “un dos tractores de Galicia, cun papel protagonista no PIB” da Comunidade Autónoma. Por iso considera “crucial” que o grupo “siga asignando plataformas de vehículos, emprego e futuro ao complexo de Vigo”, para o que demandou “tódalas medidas de apoio” dende as administracións para garantir a competitividade do grupo.

Formoso constatou hoxe o “avance da conversas” con Industria para garantir a asignación de novos modelos para a planta, logo de “moitos anos nos que non se ten feito nada”, dende o goberno presidido por Mariano Rajoy. Apuntou que “agardamos que en poucas semanas haxa novidades positivas” na asignación de novas plataformas e tamén para garantir o subministro eléctrico de calidade ou facilidades loxísticas.

Sinalou que os socialistas galegos “temos o obxectivo claro transmitirlle ao Estado e á Xunta de Galicia” a súa “obriga como autoridades” de facilitar as condicións produtivas da planta “na medida do posible dentro do marco comunitario”. Considera “esencial e transversal que exista carga de traballo en centros tractores coma este, para que as condicións de funcionamento sexan as idóneas na medida do posible”.

Microcortes

Neste sentido, engadiu que “se hai unha solución para resolver os microcortes -de enerxía eléctrica- tense que facilitar, custe ao que custe”, por canto supoñen “un enorme prexuízo económico, de produción e de carga de traballo para un centro tan enorme coma este”. Subliñou que “non vamos cesar” nesta “nova esixencia” que “lle trasladaremos ao presidente do goberno na primeira oportunidade que teñamos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21