Categorías: Secretaría Xeral

Formoso defende a continuidade das empresas pesqueiras radicadas na costa polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego

O líder dos socialistas galegos reclama para Galicia a competencia da xestión do dominio público marítimo terrestre durante a visita á factoría de Stolt Sea Farm en Lira -Carnota-

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe a continuidade das empresas do sector mar industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego”. Así o dixo durante a visita á planta de Stolt Sea Farm en Lira -Carnota- xunto co alcalde, o socialista Juan Manuel Saborido.

Formoso sinalou que a pesca “é un dos sectores estratéxicos a protexer” como centros de xeración de emprego no ámbito rural – costeiro. Subliñou que “o apoio do PSdeG á produción pesqueira de Galicia pasa por apoiar a presenza de instalacións que necesariamente teñen que estar no dominio público marítimo – terrestre”.

O responsable socialista salientou que “cada día o estamos reclamando” os socialistas galegos “cada día dende as instancias onde se toman estas decisións e dende as institucións nas que estamos presentes”.

Neste sentido, reiterou a aposta dos socialistas galegos por que Galicia xestione a competencia no dominio público marítimo – terrestre pola, dixo, “sensibilidade que se poida ter sobre unha bateeira unha redeira ou unha instalación” sempre será maior dende Galicia que “a que teña un dirixente político dende o Paseo da Castellana”.

Sinalou que esta reclamación “debe concretarse cunha reforma do Estatuto de Autonomía que lle permita a Galicia ter mecanismos que lle permitan ser unha Galicia de futuro”. Esta modificación garantiría “posibilidades e marxe de manobra lexislativa para ter unha lexislación que estea de acordo cos intereses xerais nos sectores produtivos galegos”.

Valentín González Formoso visitou hoxe a planta de Stolt Sea Farm radicada en Lira que, sinalou, “fora pioneira no seu momento, e hoxe é unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Esixe que “máis aló de cambios de nomes e postos”, urxe un “cambio de fondo que pasa por unha aposta…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00