Categorías: Secretaría Xeral

Formoso denuncia o “completo abandono” dos concellos do rural por parte da Xunta nunha visita á comarca de Terra de Trives

O secretario xeral do PSdeG critica o “burato negro” da xestión autonómica e provincial coa estación de montaña de Manzaneda, que debería ser “o motor económico” da zona

Reúnese coa alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, ao mesmo tempo que tamén mantén unha xuntanza cos edís de Castro Caldelas, Parada de Sil e Manzaneda.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou o “completo abandono” aos concellos do rural por parte da Xunta no marco dunha visita á comarca de Terra de Trives, onde coñeceu de primeira man a situación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda e mantivo unha xuntanza cos alcaldes a alcaldesas para escoitar as súas demandas.

No transcurso da sua visita á Pobra de Trives, o líder dos socialistas galegos denunciou repasou os problemas común que teñen os municipios das comarcas de Terra de Trives e Terra de Caldelas, que van desde a exclusión financeira, con oficinas bancarias que abren só un día á semana, períodos amplos sen médico na atención primaria, ou insuficiencia na dotación de solo industrial para acoller iniciativas que axuden a fixar poboación, pois entre Ourense e a comarca de Valdeorras non existe ningún parque empresarial.

Esta zona ten unha gran singularidade ao contar coa estación de montaña de Cabeza de Manzaneda no seu territorio, o que “debería ser un motor económico da comarca”, pero que para Formoso adoece da mala xestión autonómica e provincial, que leva a que estea totalmente desaproveitada para volver a dotar de vida a uns concellos que sofren especialmente o despoboamento.

Formoso subliñou que arrastra moitos anos de “débedas permanentes das que se deben facer cargo as administracións públicas”, unha mala xestión económica da que responsabilizou á Xunta e á Deputación de Ourense polo que considera un “burato negro” na súa xestión.

O aspecto máis importante é o de dar garantías aos traballadores da estación que actualmente están nun gran estado de incerteza. Formoso resaltou que “merecen unhas institucións que se preocupen polo seu futuro laboral”, xa que “son moitas familias na comarca” as que dependen desta actividade.

O secretario xeral do PSdeG resaltou a “potencialidade turística” do lugar para Galicia, especialmente ao non ter  ningún outro punto comparable no país. Esa singularidade merece para el unha aposta das administracións que non foi tal por parte das administracións autonómica e provincial que dirixe o PP.

Salientou tamén que os socialistas tiveron o “maior compromiso e preocupación” con esta estación de montaña no goberno de Pérez Touriño, e que “cando volvamos á Xunta” crearán “un comité de coordinación entre as administracións municipais, coa Xunta Deputación e Ourense e Goberno do Estado, implicándonos todos no que vai a ser un dos motores da comarca sen dúbida algunha”, alegou.

Pola súa banda, Patricia Domínguez, alcaldesa de Pobra de Trives, agradeceu ao socialista a súa visita para “escoitar os problemas da vila, darlles voz e poñerlles solución”. Incidiu na delicada situación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda que ten un gran atraso respecto a outros puntos similares do resto de España.

O secretario xeral dos socialistas estivo acompañado, ademais da alcaldesa anfitrioa, por Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas; Aquilino Domínguez, alcalde Parada de Sil; Amable Fernández Basalo, alcalde Manzaneda, e o secretario provincial do PSdeG, Rafael Villarino.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08