Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo sinala que os Orzamentos da Xunta constitúen “unha oportunidade perdida” que renuncia ao cambio económico e social que necesita Galicia

Begoña Rodríguez Rumbo apunta que o PP tan só admita 3 das 76 emendas que presentan os socialistas galegos ao articulado da Lei

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe que os Orzamentos presentados pola Xunta para 2023 constitúen unha “oportunidade perdida” que fracasan ao afrontar as necesidades do presente e renuncian a poñer as bases do cambio económico e social do futuro. Así o dixo no debate en Comisión das 76 emendas ao articulado dos Orzamentos que presentaron os socialistas galegos, das que só foron aprobadas 3 transaccións.

Advertiu que estas contas, malia acadar unha contía histórica grazas ás aportacións do Estado e os fondos europeos, pero que repiten os mesmos programas sen axustarse ás novas necesidades da sociedade galega e perpetúan os recortes dos últimos 13 anos. Criticou a falla de proxecto do goberno galego, que renuncia ao impulso industrial e empresarial e fracasa na transformación de Galicia na busca dun país máis vertebrado, máis verde e máis feminista.

A responsable socialista alertou da xestión desastrosa do goberno galego, que ano tras ano renuncia a executar partidas millonarias fundamentais para o desenvolvemento de Galicia e o impulso económico e da creación de emprego. Puxo como exemplo o último ano con datos completos, que é 2021, cando deixaron sen executar 235 millóns de euros de partidas de emprego e outros 17 millóns de euros en Vivenda.

Rodríguez Rumbo criticou a “nefasta planificación orzamentaria” por parte do goberno galego, que “nada máis aprobar o Orzamento, xa fan as primeiras modificacións”, tomando por sistema empregar o fondo de continxencia para realizar pagos no Sergas, nunha práctica irregular que vén de sinalar o Consello de Contas e que “desdebuxa a fotografía das contas que presentan hoxe”.

Os socialistas galegos reclamoulle á Xunta que adopte melloras na transparencia e bo goberno, xustificando o impacto dos beneficios fiscais aos máis ricos aplicados polo goberno galego, ou que remitan ao Parlamento a relación de expedientes de contratación que superen os 3.000 euros. O Grupo Socialista propuxo ademais a creación dunha oficina orzamentaria dentro do Parlamento “como órgano de asesoramento técnico en materia económica e orzamentaria”.

A parlamentaria socialista sinalou ademais as emendas presentadas polo Grupo Socialista para a mellora do financiamento dos concellos, reclamando o aumento do Fondo de Cooperación Local -FCL- na mesma contía na que incrementan o fondo complementario que a Xunta distribúe de forma discrecional. Lembrou que os gobernos do PP mantiveron o FCL mantense inalterado nos últimos 13 anos nos mesmos 112,9 millóns de euros.

Advertiu que a derivación de servizos competencia da Xunta ás arcas dos concellos, sinaladamente o mantemento das escolas infantís ou o Servizo de Axuda ao Fogar, está a lastrar gravemente as economías municipais.

A parlamentaria socialista lamentou o “rodillo” do PP, que rexeitou a práctica totalidade das 76 emendas presentadas polo Grupo Socialista, co que tan só transaccionou 3, que resultaron aprobadas hoxe.

Texto das emendas transaccionadas aprobadas hoxe:

Emenda nº20, de Modificación. Artigo 9

Ao final do primeiro parágrafo do punto Dous, deste artigo, onde di: “…, por proposta motivada da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.”, debe dicir: “…, por proposta motivada dos xestores e autorizada pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.”

Emenda nº40, ao apartado Tres, de Adición. Artigo 49

Débese engadir un novo punto Tres neste artigo, que terá o seguinte contido:

“Tres. Teñen a consideración de subvencións nominativas aquelas nas que a dotación orzamentaria e o beneficiario individualizado polo nome ou razón social aparecen determinados expresamente no estado de gastos dos orzamentos da Comunidade Autónoma.”

Emenda nº41, de Adición. Artigo 49 bis

Débese engadir un novo artigo 49 bis, que terá o seguinte contido: “Artigo 49 bis. Xustificación de axudas e subvencións:

Sen prexuízo do disposto no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para aquelas axudas e subvencións que se concedan con cargo a créditos financiados por recursos procedentes a Unión Europea, a xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, logo da comprobación explícita da execución da obra por parte dos servizos técnicos da Xunta de Galicia, e a do pagamento cos xustificantes das transferencias bancaria ou documentos acreditativos os pagamentos realizados, de acordo coa normativa contida os regulamentos aplicables aos fondos.”

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10