Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta que elabore un Plan de choque para frear a perda de emprego da muller rural con medidas concretas, cronograma e orzamento

Carmen Rodríguez Dacosta considera “insostible” que Galicia sexa a Comunidade Autónoma que máis emprego feminino destrúe no rural

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que poña en marcha de forma inmediata un Plan de Choque contra a perda de emprego da muller rural. A responsable socialista lamenta o desleixo do goberno galego mentres Galicia é a Comunidade Autónoma que máis emprego feminino destrúe no rural.

Rodríguez Dacosta reclama “medidas concretas de discriminación positiva”, así como de impulso real en tódalas políticas, así como un cronograma concreto para a súa execución e o orzamento necesario. A parlamentaria socialista chama así á reflexión sobre o papel das mulleres rurais para o desenvolvemento social, promover o seu recoñecemento e a posta en marcha de medidas específica para garantir o desenvolvemento pleno dos seus dereitos.

Alerta do desplome dos nacementos, en mínimos históricos, e a masculinización da poboación sinaladamente nos pequenos concellos do interior, sinaladamente de Ourense e Lugo, nos que o censo está dominado polos homes fronte ás mulleres. Advirte que esta masculinización é considerada unha anomalía demográfica, por canto hoxe nacen máis mulleres e teñen unha maior esperanza de vida.

Os socialistas galegos reclaman un estudo sobre a masculinización dos pobos galegos e a proposta de medidas, orzamento e actuacións para combater este fenómeno. Apunta de que se trata dun factor fundamental para o despoboamento do rural galego, ligado ao desmantelamento dos servizos públicos e privados, que provoca que as mulleres atopen moitas dificultades á hora de poñer en marcha o seu proxecto de vida no rural, e á falla de emprego.

Destrución de emprego feminino

A parlamentaria socialista sinala que o goberno galego “ten a obriga de facilitar que a agricultura e a gandaría sexan oportunidades para as mulleres”, e polo tanto é responsable de que Galicia sexa a Comunidade Autónoma que máis emprego destrúe no rural.

Rodríguez Dacosta alertou de que a diminución de mulleres ocupadas no sector agrario, gandeiro e forestal en Galicia entre os anos 2008 e 2022 triplica a caída no resto do Estado, xa que en España diminuíron un 15,4 por cento as mulleres que traballan no rural, a redución en Galicia é do 44 por cento. A responsable socialista lembrou que o goberno galego “ten a obriga de facilitar que a agricultura e a gandaría sexan oportunidades para as mulleres”.

Por iso, reclamoulle ao goberno autonómico “implicarse de xeito decidido” para conseguir un medio rural máis igualitario, e diminuír a fenda de xénero existente no sector agrogandeiro e fomentar unha maior participación das mulleres na actividade económica. Alerta de que a ferramenta prevista para este obxectivo, a Lei de Fomento do Acceso á Titularidade Compartida, “segue sen dar os froitos desexados”, xa que só conseguiu 31 incorporacións dende 2012.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20