Categorías: Secretaría Xeral

Formoso censura o voto contrario do PP e do BNG ao acordo acadado polo goberno para revalorizar as pensións de 700.000 galegos e galegas segundo o custe da vida

O secretario xeral do PSdeG sinala que terán que dar explicacións por opoñerse a un acordo histórico que refrendan todas as forzas da esquerda, os axentes sociais e a propia Comisión Europea

30 de marzo de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, censurou este xoves o voto en contra do PP e do BNG no Congreso á reforma das pensións que garante o nivel adquisitivo de 700.000 pensionistas galegos, ademais de estar consensuada cos sindicatos, avalada pola Comisión Europea e apoiada pola totalidade dos grupos de esquerdas presentas na cámara baixa.

En declaracións previas ao almorzo coloquio organizado polo Círculo de Empresarios en Vigo, o líder dos socialistas galegos reprochou a populares e nacionalistas que voten en contra do acordo que “garante o dereito a ter unha pensión digna, que se actualice respecto do prezo da vida, así como establece un principio de solidariedade interxeracional” entre os pensionistas presentes e futuros.

Non amosou sorpresa polo voto negativo dos populares que “están acostumados a tomar medidas contra o máis débil”. Neste senso recordou a reforma das pensións realizada polo executivo de Rajoy que “non tiña en conta o prezo da vida e empobrecía aos pensionistas”.

En cambio, si que están sorprendidos no PSdeG pola posición do BNG. Formoso pregúntase “a ver como lle explica Ana Pontón aos 700.000 pensionistas galegos que están en contra de que se actualicen as pensións conforme ao prezo da vida”. Considera que esta decisión “é unha páxina negra na historia” da formación nacionalista, pola que “terán que dar moitas explicacións”.

ACORDO HISTÓRICO

Formoso resaltou que este é “un acordo histórico” poñendo de acordo aos sindicatos, a todos os grupos de esquerdas no Congreso salvo o BNG e sendo avalada polo máximo organismo europeo. A relevancia do acordo non ven só da suma de actores que participan del, senón que é unha reforma do sistema que “mellora as condicións dos pensionistas”, algo que contrasta moito coas feitas no pasado ou mesmo na actualidade noutros países europeos.

O secretario xeral do PSdeG tivo ocasión de reiterar que “se acaba de facer xustiza con Besteiro, ao que se perseguiu pola súa valía política” logo do seu nomeamento como Delegado do Goberno. “O PSOE ten máis de 140 anos de historia porque ten valores e principios e non deixa tirada á xente”, alegou Formoso que asegura que están “moi felices” pola volta dunha “persoa de gran valía, gran compañeiro e gran amigo”.

FUTURO ECONÓMICO DE VIGO

Formoso presentou aos empresarios os grandes trazos do modelo económico que defenden os socialistas, que pasa por “garantir a viabilidade dos sectores produtivos”, pero para poder “redistribuír a través de servizos públicos que funcionen con garantías”.

O líder dos socialistas, que foi presentado polo alcalde, Abel Caballero, falou da “liña de alta tensión que estaba no papel e agora vai a ser unha realidade”, para el coloca a Vigo e a Stellantis na “gran liga da actividade económica”.

Tamén resaltou que a Unión Europea “chamou á porta do noso país” para que Galicia sexa líder na aposta polas renovables. Sen embargo, considera que “chegamos tarde” á participación pública nos proxectos eólicos tras ser autorizados antes pola Xunta 75 parques eólicos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08