Categorías: Actualidade

O PSdeG refrenda o seu compromiso para crear en Rianxo un centro integral dirixido a persoas maiores

Lage Tuñas augura que “os socialistas recuperaremos a alcaldía” rianxeira da man de Óscar Rial, de quen dixo que é “un magnífico candidato que será un gran alcalde”

29 de marzo de 2023. O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, acudiu a Rianxo para reunirse co candidato socialista á alcaldía, Óscar Rial, e analizar os proxectos de protección social que se propón impulsar cando acade o bastón de mando. Entre eles figura o compromiso para crear un centro integral para maiores, que foi refrendado polo PSdeG.

No encontro mantido en Rianxo, o xefe do aparato socialista brindou o respaldo do PSdeG ao proxecto “ambicioso” de crear un espazo para que as persoas maiores onde “poidan convivir e ser atendidos como merecen”. Que se ven demandando na vila dende o ano 2017.

Este proxecto impulsado polo socialista constará dunha parte residencial, outra de ámbito terapéutico e unha terceira destinada ao uso social para que estas persoas “poidan realizar as súas actividades e reunirse coas súas familias”.

Tamén expuxo o plan de desenvolvemento dun programa de “aprendizaxe e servizo para unha integración interxeracional” que se levará a cabo neste centro. Por todo isto, Rial reivindicou como un día importante para Rianxo ao concretarse proxectos reclamados dende hai tanto tempo.

“SERÁ UN MAGNÍFICO ALCALDE”

Pola súa banda, José Manuel Lage reiterou o compromiso do PSdeG e da Deputación da Coruña da que forma parte para impulsar este proxecto que segue as “señas de identidade socialistas” que son “a protección social e a preocupación polas persoas maiores”.

Lage asegura que os rianxeiros e rianxeiras van a facer a Óscar Rial o futuro alcalde da vila. Xa que grazas ao seu traballo e “ao seu magnífico equipo”, o candidato socialista vai da man de proxectos como este que son moi necesarios na vila.

Tras falar con distintas persoas que reclamaban esta infraestrutura, o secretario de organización do PSdeG reiterou o seu convencemento de que “Óscar é un magnífico candidato e será un magnífico alcalde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28