Categorías: Actualidade

O PSdeG advirte a PP e BNG que “terán que explicar moi ben” por que votaron en contra da reforma das pensións que beneficia a 700.000 galegos e galegas

O secretario de Emprego do PSdeG resalta o amplo acordo con axentes sociais, partidos de esquerdas e a Comisión Europea que respalda a reforma do sistema

31 de marzo de 2023. O secretario de emprego do PSdeG, Pedro Blanco, advertiu ao PP e ao BNG que “terán que explicar moi ben aos galegos e galegas” o seu voto en contra da reforma das pensións que garante o nivel adquisitivo de 700.000 galegos e galegas e que ten un amplo consenso político, económico e social.

O representante do PSdeG pronunciouse respecto da convalidación do Real Decreto Lei no Congreso, da reforma das pensións realizada polo goberno de España. Resaltou que a mesma saíu dunha negociación cos axentes sociais, conta co respaldo da maioría de grupos de esquerdas presentes na cámara baixa e está avalado pola Comisión Europea.

Subliñou tamén que “é a primeira reforma que non restrinxe dereitos, senón que os garante”, mantendo a capacidade de compra dos preto de 700.000 pensionistas que hai en Galicia ao blindar a suba das súas pensións ao cambios no prezo da vida. “Esta reforma establece un sistema para que haxa pensións os vindeiros 50 anos”, engadiu Blanco.

Estas razóns que expoñen os socialistas a favor da reforma, son as mesmas que lles leva a pensar que os outros dous partidos con peso político en Galicia, PP e BNG, terán moi difícil explicar á cidadanía a súa posición contraria.

No relativo aos populares, Pedro Blanco declarou que “entendemos que o PP pide a mesma solución que en Francia”, sendo esta “unha solución unilateral que revoca dereitos”. Isto ven a colación da propia defensa da reforma francesa que fixo Núñez Feijóo ante a presidenta da Comisión Europea, e de que nas reformas pasadas do goberno de Rajoy foron sempre neste sentido de empobrecer aos pensionistas.

A posición do BNG recibiu tamén os reproches do socialista, xa que “votan en contra sen saber moi ben por que” a unha reforma na que participan os representantes dos traballadores, que é apoiada polos seus homólogos doutras partes do Estado e que garante o poder adquisitivo dos pensionistas presentes e futuros, todo isto co aval da máxima institución comunitaria europea.

Por todo isto, Pedro Blanco concluíu asegurando que ambas formacións terán que “dar explicacións de por que non apoian un sistema de pensións público e suficiente”, algo que consideran que non comprende a maioría da cidadanía galega, especialmente sensible con este sector da poboación.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23