Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta o rexeitamento expreso á práctica dos ventres de alugueiro

Noa Díaz considera “inadmisible que o PP pretenda abrir este debate” facendo seguidismo das “ocorrencias de Feijóo” e polo que Rueda “terá que responder no Parlamento”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que realice un rexeitamento expreso á práctica dos ventres de alugueiro. A parlamentaria socialista lamenta o “paso atrás” do PP ao abrirse a regular esta práctica, prohibida por Lei, e que supón “un retroceso nas políticas feministas que protexen o dereito das mulleres e das nenas e nenos”.

A responsable socialista sinala que Rueda “terá que responder no Parlamento de Galicia”, da man das iniciativas presentadas polo Grupo Socialista, logo de sumarse a “unha deriva máis das ocorrencias de Feijóo”. Considera “inadmisible que o PP pretenda abrir este debate” sobre “unha das formas máis crueis de explotación dos corpos das mulleres, medie ou non intercambio económicos”.

Alerta de que esta práctica “socava os dereitos das mulleres, especialmente das más vulnerables, mercantilizando os seus corpos e as súas funcións reprodutivas”. Advirte que supón unha forma de “violencia contra a muller”, ademais de que “atenta contra as súa dignidade”, ao entendela “como un obxecto a disposición das persoas que cren que a maternidade é un dereito, cando é un desexo”.

Noa Díaz apunta que “as mulleres non temos corpos que poidan ser mercantilizados e empregados como vasillas, desprendéndonos de toda dignidade”, ademais de que “na súa inmensa maioría practícase sobre os corpos das mulleres máis vulnerables, a quen temos a obriga de protexer”.

Explica que esta práctica está prohibida pola lexislación española, polo que estes contratos están declarados “nulos de pleno dereito” porque “rompe coa determinación da filiación polo parto, cousifica o corpo das mulleres e converte o nenonato en obxecto dun contrato”.

A parlamentaria socialista advirte que a pesares desta prohibición, en España “existe un negocio moi lucrativo de alugueiro de ventres” en terceiros países. Reclámalle así á Xunta que se dirixa ao Goberno do Estado para reforzar as garantías que eviten esta práctica prohibida e “perseguir e sancionar fortemente ás axencias que se dediquen a esta actividade, así como estudar as medidas oportunas para evitar que se realice a través doutros países”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00