Categorías: Secretaría Xeral

Formoso celebra o acordo do goberno español con Maersk que “aposta por Galicia”, pero advirte de que “pon deberes á Xunta” no ámbito das enerxías renovables

O secretario xeral do PSdeG agradece a confianza mostrada no potencial enerxético da comunidade cun proxecto que pode xerar ata 85.000 postos de traballo

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, celebrou hoxe a “confianza mostrada en Galicia” por parte do grupo Maersk e o goberno de España para producir hidróxeno e metanol verde, pero sinala que este gran proxecto leva consigo “deberes ao goberno da Xunta” no campo das enerxías renovables que levan “máis dunha década abandonados”.

O número un dos socialistas galegos pronunciouse hoxe sobre o acordo da multinacional danesa Maersk co goberno de España para instalar en Galicia e Andalucía os seus centros de produción de metanol verde para abastecer á súa frota arredor do mundo. Este proxecto está dentro do plan do xigante nórdico para deixar de utilizar combustibles contaminantes no ano 2030, para cando as plantas estarían xa totalmente finalizadas e operativas.

O investimento total da segunda navieira máis importante do globo estímase nuns 10.000 millóns de euros, segundo as informacións publicadas onte. A nivel de emprego se estima a creación de entre 4.500 e 5.000 postos directos, entre 35.000 e 40.000 na construción e ata 40.000 postos indirectos, a repartir entre os dous centros de produción que se crearán en Andalucía e Galicia.

Os deberes para o goberno galego que sinala Formoso veñen por parte da empresa, que apunta á necesidade de crear entre 20 e 80 novos parques eólicos e fotovoltaicos, ante o que o líder do PSdeG recordou que a Xunta “abandonou” dende a chegada de Feijóo á Xunta e agora con Rueda ao mando, a política activa na xeración de enerxías renovables.

Formoso recalcou a importancia de que a Administración galega teña parte do accionariado dos novos parques que se fagan, xa que así o recomenda o goberno de España, polo que reclamou “participación pública para liderar un proxecto respectuoso co medio ambiente e coa xente”, afirmando que esa idea vai na liña do “ideal socialdemócrata de monitorizar as operacións esenciais para a economía dun país” que “ten o PSdeG e que se está a impor en toda Europa”.

Recalcou que esta “magnífica” nova está dentro do discurso dos socialistas galegos que xa hai tempo que “non dicimos á xente o que quere oír, senón o que precisa o país” polo que defendeu que o PSdeG “está moi cómodo” cando Galicia “ten deberes” por diante no ámbito da transición ecolóxica, que reverten ademais, na creación de emprego de carácter industrial.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08