Categorías: Actualidade

O PSdeG respalda a manifestación en defensa da CRTVG convocada polo Comité Intercentros

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acude á protesta que é “un grito de auxilio” dos traballadores para liberarse da “intromisión política”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu que o PP libere aos traballadores e traballadoras da CRTVG do control político que levan anos denunciando, garantindo así o seu dereito a traballar sen intromisión de ningunha ideoloxía e con liberdade para informar.

O líder dos socialistas galegos acudiu ao que entende como “un grito de auxilio” dos traballadores e traballadoras da radio e televisión públicas galegas, ante o que son xa catro anos e medio de protestas a través dos venres negros pola “manipulación” da información aos que os somete a dirección posta polo PP cando gobernaba Núñez Feijóo.

Formoso reivindicou a importancia dunha CRTVG libre e plural no “único medio público esencialmente galego” para que “o pobo galego” conte con toda a información posible cando tome a súa decisión de votar á formación política que quere que goberne as súas institucións. Isto ven ao fío dunha das principais reclamacións dos colectivos de traballadores, que é a falta de contido político a nivel galego nos telexornais.

En referencia aos xornalistas deste medio público, subliñou que “non estudaron” nin se incorporaron á CRTVG para “ser controlados por ningún poder político nin ideoloxía concreta”, xa que entende que se está a vulnerar o deu dereito profesional a ofrecer unha información libre e plural.

Comparou a deriva actual das radio e televisión públicas de Galicia co que fixo o goberno do PP na Comunidade de Madrid cos seus medios, de xeito que alertou de que os galegos “non queremos que a TVG sexa unha televisión que se pareza á TeleMadrid de Aguirre, queremos que impere o servizo público”.

Á manifestación que percorreu as rúas de Santiago de Compostela acudiron diversos representantes do PSdeG, xa que foi unha das medio cento de organizacións que a convocaron.

Entre eles pódense destacar, a maiores de Formoso, as representantes do partido na Plataforma de Rescatar a CRTVG, a parlamentaria Noa Díaz e a secretaria de Comunicación da CENG, Paula García, os deputados do Congreso Guillermo Mejión, Ana Prieto e Javier Cerqueira,  e senadores como Leiceaga, Manuel Mirás e María Adrio, así como distintos membros da executiva nacional.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24