Categorías: Actualidade

Luis Álvarez considera “incongruente, inxusta e innecesaria” a suba do canon de Sogama por parte da Xunta e anuncian emendas para a súa supresión

O portavoz do Grupo Socialista censura as protestas de Rueda polo cumio hispano – luso por utilizar “permanentemente” o “comodín do agravio” a Galicia cando se acadou o “compromiso decidido” dos dous gobernos para impulsar o AVE Vigo – Oporto

Luis Álvarez anunciou hoxe que o Grupo Socialista presentará unha emenda á Lei de Acompañamento para reverter a suba do canon de Sogama que a Xunta quere impoñer a 167 concellos e 1,3 millóns de fogares galegos. Sinalou que a medida é “incongruente, inxusta e innecesaria”, ademais de que é decisión única do goberno galego, que ten o 51 por cento da titularidade da empresa.

O responsable socialista sinalou que a decisión da Xunta desincentiva a separación de residuos e resulta contraria aos principios medioambientais, ademais de que coincide cun incremento notable dos ingresos de Sogama pola xeración de electricidade. A empresa mixta, que ten instalados 470 millóns de KWh anuais, recibirá presumiblemente un incremento de 45 millóns de euros nos ingresos pola xeración de electricidade.

Esta realidade desminte o argumento dos custes da electricidade, xa que o aumento do beneficio pola venta de electricidade será “moi superior aos incrementos que debe asumir”. Ademais, engadiu, a Xunta de Galicia incrementa o canon para a cidadanía ao tempo renuncia a 30 millóns de euros de recadación aumentando a bonificación do imposto do Patrimonio aos máis ricos.

Luis Álvarez anunciou que os socialistas galegos presentarán as emendas necesarias á Lei de Acompañamento aos Orzamentos para manter a bonificación no canon de Sogama porque a medida fomentaba a reciclaxe e separación dos residuos e porque se trata dunha medida “contraria aos intereses de Galicia”.

Cumio hispano – luso

O portavoz do Grupo Socialista afeoulle hoxe a Rueda que teña recorrido de novo ao “comodín do agravio a Galicia” para criticar ao goberno do Estado, desta volta por non ser convidado ao cumio hispano – luso celebrado a semana pasada en Viana. Álvarez sinalou en primeiro lugar que este cumio anual é celebrado sen ningún presidente autonómico, e lembrou ademais que o presidente da Xunta si que se ausentou deliberadamente do encontro con Alemaña celebrado en A Coruña.

O parlamentario socialista empregou estes dous argumentos para afearlle ao presidente da Xunta que teña demostrado de novo que “non representa a un goberno responsable ao carón da cidadanía”, senón que demostra que “todo o que resulta ser bo para Galicia é malo para a Xunta de Galicia”. Sinaladamente, engadiu, cando o encontro puxo de manifesto o “compromiso decidido” dos dous gobernos para impulsar o AVE Vigo – Oporto.

Luis Álvarez reclamoulle ao presidente da Xunta que mude a estratexia de “criticar e lamentar” sistematicamente tódalas melloras por parte do goberno do Estado que repercutan directamente na cidadanía, que “non é propia dun goberno corresponsable que aposte pola cogobernanza”.

CRTVG

O portavoz do Grupo Socialista trasladou ademais o “apoio decidido e sen fisuras aos traballadores da CRTVG” que onte convocaron unha mobilización en Santiago de Compostela para reivindicar unha televisión e unha radio públicas para Galicia que estean “ao servizo da cidadanía”. Álvaerz reclamou uns medios públicos que respecten a pluralidade e que “non estean ao servizo do goberno da Xunta, e moitísimo menos dos intereses do PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18