Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica no Parlamento o “uso sistemático en fraude” dos fondos da Deputación de Ourense en beneficio dos concellos do PP

Carmen Rodríguez Dacosta denuncia o uso arbitrario de fondos e o incumprimento sistemático dos principios de transparencia e concorrencia competitiva

Reclama a “homologación por unha vez á Deputación de Ourense ás do resto do país” garantindo o reparto equitativo e transparente dos recursos

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta, censurou hoxe no Parlamento o “uso sistemático en fraude” dos fondos da Deputación de Ourense en favor do “reforzamento dunha estrutura de partido”. Así o dixo na comparecencia do presidente do ente provincial para dar conta dos Orzamentos da Deputación para o próximo ano.

Rodríguez Dacosta criticou o uso espurio dos recursos públicos para beneficiar maioritariamente a concellos do PP e perpetuar no goberno ao actual presidente, mesmo vulnerando os principios de transparencia e concorrencia competitiva. Aludiu así ao informe do Consello de Contas alertando de que 9 de cada 10 subvencións e 8 de cada 10 contratos asinados pola Deputación son concedidos “a dedo”.

Grazas a esta fórmula, explicou, os concellos do PP reciben o 86 por cento das subvencións, preto de 5,5 millóns de euros fronte aos apenas 514.000 euros que reciben os do PSdeG, que fican nun escaso 8,8 por cento. Salientou que tan só dous concellos do PP, como son Monterrei e Pereiro de Aguiar, con apenas 3.822 habitantes, recibiron 585.000 euros, máis que os apenas 425.000 que recibiron os 21 concellos nos que goberna o PSdeG.

A parlamentaria socialista explica que tan só o 20 por cento de todo o gasto da Deputación foi adxudicado mediante procedementos baseados na publicidade e a concorrencia competitiva, co que o marco orzamentario por completo “queda invalidado polo vicio que o PP lle inxecta na raíz”. Criticou que “segundo o concello da provincia no que vivan, hai ourensáns que quedan á marxe do sistema constitucional que garante a igualdade no reparto de cargas e beneficios”.

Carmen Rodríguez Dacosta puxo en cuestión a xestión do PP á fronte da Deputación, que dedica apenas 1.666 euros por quilómetro para o mantemento das estradas provinciais, fronte aos 8.235 que orzamenta a Deputación de Pontevedra, presidida polo PSdeG, un ente que destina 7 millóns de euros a servizos sociais comunitarios, fronte aos 1,2 millóns orzamentados en Ourense.

Criticou ademais que esta Deputación destine “directamente 0 euros” para políticas de Igualdade, fronte aos 2,3 millóns que orzamenta Pontevedra, así como os apenas 440.000 euros para fomento do Deporte, que na provincia veciña ascenden a 4,1 millóns de euros.

Homologación

A responsable socialista reclamoulle ao presidente do ente que “se aveña por unha vez ao que demandan os tempos e homologue por unha vez a Deputación de Ourense ás do resto do país”, e adiantou que “quedaría sorprendido da capacidade dos concellos para pelexar o seu futuro”.

Rodríguez Dacosta emprazou a Baltar a converterse no “primeiro presidente na historia da Deputación que foi benefactor senlleiro da provincia”. Apunta que os gobernos locais, dotados dos recursos que “en xustiza son seus”, son “capaces de por en pé iniciativas e estratexias que os saquen da inercia mortecina” á que están sometidos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08