Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro: “Sacarei á sanidade galega da maior crise que sufre en 20 anos, como fixo Illa na pandemia e Touriño na Xunta”

O candidato socialista afirmou que “só é posible reverter a situación crítica da sanidade cun Goberno socialista, porque temos experiencia de goberno e porque xa o demostramos”.

Cando Besteiro sexa presidente da Xunta haberá un prazo máximo de 48 horas para a cita co médico de cabeceira, Saúde Mental na Atención Primaria e 122 concellos de Galicia sen Pediatría disporán do servizo.

Atendeu as demandas de numerosos colectivos sanitarios en Ourense, acompañado do ex ministro de Sanidade, Salvador Illa.

Ourense, 9 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou hoxe en Ourense que sacará “á sanidade galega da maior crise que sufre en 20 anos, como fixo o ministro Illa na pandemia ou o presidente Touriño na Xunta”. Argumentou que “só é posible reverter a situación crítica da sanidade cun Goberno socialista, porque temos experiencia de goberno e porque xa o demostramos no pasado”.

Hoxe en Galicia con Rueda as Urxencias están colapsadas, 200.000 galegos e galegas agardan por unha primeira cita hospitalaria, 11.000 nenos e nenas están sen pediatra e hai esperas de meses para citas con especialistas, para cirurxías, así como listas opacas.

Besteiro presentou o seu plan de rescate da sanidade pública xunto a Salvador Illa, ex ministro de Sanidade, e atendeu as demandas de numerosos colectivos sanitarios da provincia de Ourense. “Cando sexa presidente da Xunta, haberá un prazo máximo de 48 horas para a cita co médico de cabeceira, Saúde Mental na Atención Primaria e 122 concellos de Galicia sen Pediatría disporán do servizo”, explicou. O seu programa de goberno inclúe a apertura ao 100% dos centros de saúde e a mellora do sistema de transporte sanitario urxente, entre outras medidas.

Mención especial merece a mellora das condicións laborais dos profesionais sanitarios, a quen Besteiro agradeceu a profesionalidade e o seu excelente traballo: “Son un exemplo. O sistema segue funcionando grazas aos e ás profesionais e a pesar dos seus dirixentes”.

Ourense, vítima do privatización do PP

A provincia de Ourense é o caso paradigmático do colapso e o desmantelamento que sofre a sanidade pública galega no seu conxunto a causa das políticas do Partido Popular.

Besteiro comprometese “ao reforzo inmediato con máis persoal e recursos técnicos da UCI do Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que sofre unha sobrecarga insostible. Haino que solucionar con urxencia porque compromete a asistencia sanitaria de todas e todos os ourensáns”. Aproveitou para expresar o seu apoio aos sanitarios que iniciaron mobilizacións ante o colapso asistencial da unidade e esixiulle a Rueda que “dé a cara”.

O candidato socialista amosouse moi preocupado polo escenario que se dá “nunha das provincias máis envellecidas de Galicia e, polo tanto, cunha poboación máis vulnerable” e apelou á necesidade de “corrixir de inmediato o rumbo da sanidade cun cambio de Goberno liderado polos socialistas o día 18 de febreiro”.

Besteiro incidiu en que Ourense é o reflexo de Galicia, “con situacións habituais de ata 25 días para unha cita co médico de cabeceira, falta de persoal nos centros de saúde, especialmente dos pequenos concellos, o que provoca colapsos e obriga a desprazarse á capital”. Denunciou a falta de pediatras en vilas tan importantes como O Carballiño ou Xinzo, ás que a Xunta segue marxinando, e adiantou “que retomará proxectos tan necesarios como o do novo centro de saúde da Rúa”.

Fronte á realidade sanitaria da provincia, o candidato socialista mencionou “a realidade paralela da mentira do PP, capaz de prometer un novo centro de saúde en Mariñamansa contra o que sistematicamente votou en contra cando o demandamos desde o Partido Socialista”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00