Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro prevé sorpresa nas eleccións galegas como con Salvador Illa en Cataluña

Pide o voto para rematar con 15 anos de resignación e confiar nel “como o presidente de todos os galegos e galegas e non só duns poucos”.

O Partido Socialista sacará á sanidade galega da maior crise que padece en 20 anos, como fixo o ministro Illa na pandemia ou o presidente Touriño.

“Ofrezco máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país”, resume, como por exemplo a gratuidade total da AP9.

Pontevedra, 09 de febreiro de 2024. O candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, prevé “sorpresa nas eleccións autonómicas como ocorreu con Salvador Illa en Cataluña”. Illa pasou de ser un candidato descoñecido a facer dos socialistas o partido máis votado nas últimas autonómicas.

Besteiro pide o voto para rematar con 15 anos de resignación e confiar nel “como o presidente de todos os galegos e galegas e non só duns poucos”. Hoxe acompañouse do ex ministro de Sanidade e primer secretari do PSC nunha xornada que comezou cun acto con colectivos sanitarios en Ourense e rematou nun mitin en Pontevedra.

Ofreceu “máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país”, e puxo como exemplo a gratuidade total da AP9, que forma parte do seu programa electoral.

Sanidade na UCI

Pediu a confianza da cidadanía para rematar con “15 anos de recortes e desmantelamento” da sanidade pública e que “nunca máis volva haber enfermos ateigados nos corredores de Urxencias” agardando a ser atendidos como consecuencia do “maltrato” do PP aos servizos públicos.

Cualificou de “inasumible e inhumano” que os galegos e galegas teñan que agardar dúas semanas a ser atendidos polo médico de cabeceira só porque Rueda “non poda e non queira” contratar profesionais en condicións.

Besteiro animou aos asistentes a pedir cita no médico de cabeceira “neste mesmo instante” para comprobar como teñen unha data “inasumible”, e explicou que “a enfermidade non coñece de esperas”.

O candidato socialista puxo ao ex ministro de Sanidade e actual primer secretari do PSC, Salvador Illa, como exemplo de xestión durante a pandemia, e chamou a sacar á sanidade galega da “maior crise en 20 anos” co obxectivo de recuperar a calidade do servizo que deixara o socialista Pérez Touriño en 2009.

Anunciou un plan de choque para a sanidade que garanta cita no médico de cabeceira en 48 horas, implantar o servizo de Saúde Mental na Atención Primaria e devolverlle o servizo de Pediatra a 122 concellos galegos que hoxe carecen del.

Rueda non mira por Pontevedra

O candidato socialista lembrou que o candidato do PP, o “desaparecido Rueda non mira por Pontevedra”. Así o dixo logo de lembrar que “Pontevedra é a provincia máis castigada polo goberno galego ao ser a que menos investimento recibe por habitante por parte da Xunta, que o único balance que pode ofrecer é unha lista eterna de investimentos e promesas incumpridas”.

Advertiu que nas próximas eleccións os pontevedreses e pontevedresas deben escoller entre “un presidente socialista que crea en Pontevedra” ou “seguir arrastrando as débedas de Rueda”. Citou a dragaxe do Lérez, o atraso no Montecelo, a precariedade dos equipamentos educativos, a falla de vivenda pública ou a falla de chan industrial e de infraestruturas, e sinalou que “Pontevedra non ten por que seguir sufrindo a incapacidade de Rueda e Feijóo”.

Criticou que Rueda estea “agochado” e sen presentarse aos debates electorais, igual que “agocha o seu carné de pontevedrés” ao castigar á provincia e á cidade, fronte ao goberno socialista que dende o Estado comprometeu máis de 31 millóns de euros para a cidade dentro do Plan de Recuperación que o PP “torpedeou”.

Xestión socialista

Reivindicou que os socialistas “desbloqueamos proxectos históricos, como o Nó de Bombeiros ou o paseo a Marín”, ademais de apostar por unha Pontevedra “máis verde e sostible”. Reivindicou o investimento de 25 millóns de euros para a estratexia “Pontevedra Flúe”, que vai recuperar o litoral do Lérez, a xunqueira da Gándara e Alba e o río Rons, que foi conseguido grazas ao liderado dos socialistas de Pontevedra, con Iván Puentes á cabeza.

Besteiro interviu no mitin de hoxe que abriu a candidata número 3 ao Parlamento, a pontevedresa Paloma Castro, continuou coa cabeza de lista pola provincia, Elena Espinosa, e o ex ministro de Sanidade Salvador Illa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33