Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro lanza o terceiro pacto de país para igualar o soldo medio galego co español e compromete a redución da xornada dos empregados públicos a 35 horas

O candidato á Presidencia da Xunta salientou que “subir os soldos é  a mellor ferramenta para combater a pobreza e as desigualdades”

Promete a implantación da xornada laboral de 35 horas para todo o persoal da Administración galega


Explicou que o incremento do SMI por parte do Goberno de Pedro Sánchez a 1.134 euros, fronte os 736 no que o deixou o PP evidencia “o diferente xeito de gobernar que temos uns e outros”


Santiago, 13 de febreiro de 2024. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a promover un gran Acordo de País con empresarios e sindicatos para lograr que os soldos medios en Galicia aumenten e se sitúen, como mínimo, na media salarial española. Segundo a última estatística do INE o salario medio mensual do conxunto dos españois é de 2.118 euros fronte os 2.056 que cobran as e os galegos tras quince anos de gobernos do PP. Por iso, Besteiro prometeu como prioridade avanzar no obxectivo da suba salarial media “porque é sinónimo de mellor economía, máis oportunidades e máis ambición de país”.

Besteiro defendeu que para os socialistas “un salario digno é un dereito básico” e puxo como exemplo a suba do Salario Mínimo Interprofesional en case un 60% desde que Pedro Sánchez é presidente”. Fronte esta aposta, explicou que “temos un PP que prefire a precariedade dos traballadores e traballadoras e que mantén Galicia no furgón de cola tamén en materia salarial”.

Destacou que co incremento do salario mínimo a 1.134 euros o Goberno de Pedro Sánchez “volveu cumprir os seus compromisos coa cidadanía, porque gobernamos para as persoas e este modelo é o que imos trasladar a Galicia”. Recordou que con esta suba da que se benefician uns 100.000 galegos e galegas, achegámonos “ao compromiso de situar o salario mínimo no 60% do salario medio”.

Besteiro salientou que “aumentar os soldos é  a mellor ferramenta para combater a pobreza, porque a experiencia demóstranos que a desigualdade non é compatible co benestar”. “Os socialistas facemos política útil ao servizo dos cidadáns do noso país e nesta liña imos seguir durante os próximos catro anos na Xunta de Galicia”, engadiu.

Función pública

Outro dos compromisos adquiridos por Besteiro no marco deste Acordo de País pasa por impulsar desde a Xunta medidas efectivas para a mellora da estabilidade laboral para os e as traballadoras no emprego público galego. Entre elas, comprometeuse a facer efectiva a implantación da xornada laboral de 35 horas para todo o persoal da Administración galega. Esta medida, indicou, “contribuirá a mellorar o servizo que reciben os cidadáns ao mellorar as condicións de traballo dos empregados públicos, ademais de axudar a modernizar e rexuvenecer os cadros de persoal e fomentar o emprego”.

A redución da xornada laboral na función pública a 35 hora é unha vella demanda do conxunto de empregados e empregadas da Administración galega, que afectará positivamente a máis de 100.000 persoas.

Ademais, Besteiro comprometeu outras medidas para os e as empregadas públicas de Galicia como son a planificación e ordenación dos recursos humanos co obxecto de afrontar de maneira máis eficiente as xubilacións e a captación de talento nos procesos selectivos. Tamén avanzou a actualización das ofertas públicas de emprego contando a totalidade de vacantes e xubilacións, así como “total transparencia” nas taxas de reposición e comisión de servizo, vacantes e listas de contratación.

Besteiro explicou que a xestión do emprego público por parte do PP evidencia a súa “falla de compromiso” coa estabilidade, por canto nos seus quince anos de Goberno multiplicaron o número de interinos ata o punto de que “por cada 4 interinos que había na Xunta en 2009 hoxe hai 7, que son 3 máis”.

Salarios xustos na economía social

O candidato socialista visitou hoxe Trameve en Santiago de Compostela, unha empresa sen ánimo de lucro pioneira na integración laboral de persoas con discapacidade. Foi recibido polo presidente de Cogami e Cofemce, Anxo Queiruga; o presidente da Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), Herminio Martínez; o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara, e outros representantes da economía social galega.

No encontro manifestou a aposta socialista pola integración social, tendo en conta que uns ingresos xustos permítenlles ás persoas satisfacer as súas necesidades básicas, o que á súa vez fomenta a cohesión social e reduce a exclusión e a pobreza. Explicou que o Pacto de País polos salarios xustos reflicte a vontade política de garantir que todos os cidadáns “teñan a oportunidade de prosperar e alcanzar o seu máximo potencial, independentemente do seu xénero, orixe ou capacidades” e incidiu en que “traballar por un un salario digno para o conxunto da poboación é crucial para promover a xustiza social, a dignidade laboral e a integración social”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21