Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso propón unha fronte común galega para defender os nosos intereses pesqueiros na UE

O secretario xeral do PSdeG mantén un encontro coa cooperativa de armadores de Vigo, que salienta o papel do ministro de Pesca na recente negociación dos TACs e cotas pesqueiras na UE

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, apelou hoxe aos representantes galegos nas institucións comunitarias a conformar unha fronte común para defender os intereses comúns de Galicia diante da UE. González Formoso escolleu para a súa primeira reunión como secretario xeral ao sector pesqueiro polo seu carácter estratéxico para Galicia, na primeira dunha ronda de contactos con representantes do sector pesqueiro e extractivo do mar en Galicia.

González Formoso chamou aos representantes institucionais de Galicia con voz en Europa para defender unha aposta común que permita “compatibilizar a sostibilidade medioambiental coa sostibilidade económica e social da que dependen milleiros de familias en Galicia”. O responsable socialista sinalou que a evolución na eficiencia enerxética dos buques debe ser apoiada polas administracións públicas.

Engadiu que as entidades que obrigan a mudar o modelo enerxético da flota deben de acompañar ao sector con liñas de financiamento que habiliten ese cambio de modelo, así como fixar axudar á renovación das flotas. Salientou a necesidade de actualizar os buques para os requisitos da nova realidade do sector, con tempos de faena máis amplos, ou á necesidade de dispoñer de máis espazo a bordo.

O responsable socialista analizou xunto coa directiva de Arvi a situación do sector, sinaladamente logo da sinatura do acordo de pesca comunitario e a súa incidencia na flota pesqueira galega. Lembrou que a flota de arrastre supón o 80 por cento da produción pesqueira de Galicia, un sector do que só en Vigo dependen 30.000 postos de traballo.

Así o dixo logo dun encontro co presidente da cooperativa de Armadores, Javier Touza, que asistiu ao encontro no que tamén participaron a portavoz de Pesca do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Patricia Otero, a parlamentaria viguesa Leticia Gallego, a concelleira de Vigo Elena Espinosa e o eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares.

Arvi

O responsable da cooperativa de Armadores, Javier Touza, sinalou que “todo o que sexa redución de cotas son malas noticias” e felicitou aos socialistas galegos pola “boa laboura na defensa dos intereses de España e Galicia por parte do ministro de Agricultura e Pesca” na recente negociación dos TACs e cotas de pesca para o próximo ano.

Apuntou á incertidume da flota pola extensión das bonificacións fiscais ao gasóleo, sinaladamente logo do incremento de custes de combustible, que aumentaron un 98,6 por cento nun só ano. Salientou o esforzo por empregar enerxías transitorias ata o momento que sexa viable o obxectivo de cero emisións.

Touza apuntou que “entendemos á pesca como parte da solución e nunca como parte do problema”, logo de sinalar os esforzos por compatibilizar a flota de arrastre co respecto ao medio ambiente mapeando os fondos marinos para limitar a pesca en zonas sensibles.

Alertou da demonización deste tipo de pesca que resulta fundamental para Galicia en zonas como Gran Sol, África, América do Sur, a zona Nafo e Atlántico Noroeste, así como para a flota litoral.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08