Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

G.Caballero insta ao goberno galego a fortalecer a sanidade pública e a atención primaria ante a preocupante evolución dos contaxios en Galicia: “É o momento de que Xunta corrixa a súa política sanitaria”

O voceiro parlamentario do PSdeG incide na necesidade de volver contratar aos máis de 500 profesionais despedidos e a seguir coa estratexia de vacinación crecente e de intensificación das doses como “a mellor garantía para afrontar os retos de futuro”

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, fixo hoxe un chamamento á Xunta a empezar o ano 2022 “cunha nova política sanitaria” para facer fronte á “preocupante” evolución da pandemia en Galicia. Nun escenario de contaxios crecentes, reclamoulle ao goberno galego que tome medidas para fortalecer a sanidade pública e, de maneira específica, a atención primaria, que é “sobre a que descansa o seguimento e a resposta que lle damos a esta situación”.

Ese fortalecemento faise máis necesario que nunca nunha atención primaria que está “saturada” e na que os seus profesionais teñen que facer agora o control dos 25.000 galegos e galegas que están contaxiados actualmente pola covid. “A inmensa maioría desas persoas”, afirmou Gonzalo Caballero, “están nas súas casas e correspóndelle ao sistema sanitario público facer o seu seguimento e establecer as baixas necesarias”.

En definitiva, subliñou, “recae na atención primaria todo ao traballo referente aos contaxios da covid á marxe do hospitalario”. Por iso, e tendo en conta que o número de contaxios segue a medrar, faise imprescindible que a Xunta “corrixa as súas políticas sanitarias” e “redobre o seu respaldo aos profesionais sanitarios da atención primaria”.

Así, demandoulle ao goberno da Xunta “que inicie o ano reforzando ao persoal sanitario e volvendo incorporar ao sistema publico aos máis de 500 profesionais os que Feijoo lles rescindiu o contrato nos últimos meses”. Ademais, Gonzalo Caballero tamén avogou por dotar á sanidade pública galega dun “necesario marco de relevo xeracional para que ao longo dos próximos anos, cando se van dar xubilacións masivas teñamos o sistema sanitario con fortaleza e con garantías”.

Gonzalo Caballero lembrou que, ao longo das últimas xornadas, en Galicia superouse o número de 2.700 novos contaxios nun día e que hai case 25.000 persoas afectadas covid neste momento. “Iso reflicte”, sinalou, “que estamos nunha situación da pandemia que ten que preocupar” e no que é “evidente que o número de contaxios se está disparando”, polo que “temos que manter todas as alertas prendidas e non podemos baixar a garda”. Nesta liña, o voceiro parlamentario expresou a súa preocupación porque “é posible que en xaneiro a situación de contaxios siga sendo de crecemento e, polo tanto, enormemente preocupante”.

Por iso, advertiu que “as xornadas festivas que veñen son determinantes de como temos que afrontar un mes de xaneiro no que o número de contaxios pode estar disparado” e a atención primaria “sobrepasada por ter que facer un seguimento a decenas de milleiros de galegos e galegas sen suficiente persoal e sen ter ao persoal contratado nas condicións laborais óptimas para facer fronte á sexta onda da pandemia”.

Neste contexto, o voceiro parlamentario lembrou ademais que “Galicia segue por debaixo da media de España no número de test que se fan a poboación” e que “o noso sistema de rastrexo segue a ser feble”.

Por iso, reclamou tamén que se fortaleza ese sistema de test e de seguimento para facer fronte a “unha sexta onda da covid disparada”. Gonzalo Caballero concluíu que o feito de que 2.300.000 galegos e galegas teñan xa recibido algunha dose da vacina é “a mellor garantía para poder convivir coa existencia do virus e co número de contaxios existentes en Galicia”. Nesta liña, incidiu na necesidade de “seguir coa vacinación, de maneira crecente e intensificando as doses ás distintas franxas de idade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18