Categorías: Actualidade

Noelia Otero alerta de que a falla de investimento da CRTVG está a provocar importantes eivas nas retransmisións

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noelia Otero, alertou hoxe de que a aposta da dirección da CRTVG polo recorte de custes está detrás das importantes eivas nas retransmisións da canle autonómica. Otero presentou no Parlamento unha pregunta oral polas perdas de sinal de entre 2 e 8 minutos, algo “televisitamente inaceptable”, na retransmisión dun partido de balonmán o pasado 13 de novembro.

Otero levou ao Parlamento a denuncia do Comité Intercentros, que apunta ao “nulo investimento en sistemas para as retransmisións” como motivo da caída na calidade das retransmisións. Neste caso concreto, segundo os traballadores a CRTVG decidiu cubrir a retransmisión en directo dun partido entre o Frigoríficos do Morrazo e o Barcelona, vixente campión de Europa de balonmán, con mochila telefónica no lugar do sistema vía satélite, máis calidade e máis caro.

O sistema de mochila é empregado habitualmente para conexións curtas, pero non para unha retransmisión dun evento deportivo, cando a cobertura varía e non soporta a estabilidade precisa para tanto tempo de emisión continuado. Durante o dito partido, explica Otero, as perdas de conexión foron continuas, “comprometendo a imaxe da Corporación, xa que o sinal era recibido por outras canles autonómicas”.

Otero sinala que “despois da posta en marcha da plataforma dixital –da CRTVG- as unidades móbiles non se actualizaron e seguen tendo tecnoloxía de definición estándar –SD-, inservible para as novas retransmisións en alta definición –HD-”, o que “a estas alturas tampouco se entende”. Apunta que “o barato sae caro, cunha retransmisión longa con moitas papeletas para sufrir erros polo sistema escollido, como efectivamente adoita suceder”.

Lembrou o episodio padecido en novembro de 2018, cando durante máis de 3 horas tiveron que emitir vídeos enlatados pola imposibilidade de emitir espazos en directo, habilitando un plató de urxencia para os informativos. A parlamentaria socialista considera “inaceptables” estes exemplos, e defendeu uns “medios públicos de calidade”, que pasa tamén pola estabilidade do persoal, a proximidade, pluralidade e calidade nos programas e tamén dos medios técnicos.

Sen embargo, a dirección do ente ten decidido manter ao persoal en precario, eliminado as desconexións locais, omitindo da grella a información das administracións locais, e mesmo entorpecendo a pluralidade e a calidade dos programas, como pon de manifesto a plataforma Defende a Galega nos seus venres negros. Advirte que dez anos despois da aprobación da Lei dos medios públicos de comunicación “seguimos sen saber nada do estatuto ou do Consello de Informativos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18