Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso bota en falta unha estratexia de reforzo da atención primaria na intervención do conselleiro de Sanidade para anunciar as novas restricións

O secretario xeral do PSdeG-PSOE lembra que os recortes do PP en materia sanitaria deixan a Atención Primaria “ao borde do colapso” fronte á sexta vaga da covid

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, esixiulle ao goberno galego que acompañe as novas restricións anunciadas hoxe diante da sexta onda da covid de medidas de reforzo da Atención Primaria e a sanidade pública. O responsable socialista lamentou que o conselleiro de Sanidade eludira incluír na súa intervención de hoxe “ningún tipo de referencia ou medida de reforzo do sistema público de saúde, especialmente na Atención Primaria, que está ao borde do colapso”.

Considera “incomprensible” que na situación actual, con máis de 28.000 casos activos de covid e en plena expansión dunha variante especialmente contaxiosa, o conselleiro evitara poñer sobre a mesa medidas de choque para evitar a posible saturación ou colapso do sistema sanitario público que “tivo tempo de sobra de preparar” nas últimas semanas.

Advirte que o recorte de medios e persoal na sanidade pública durante anos de gobernos do PP poñen a Galicia nunha posición de especial vulnerabilidade ante unha situación excepcional, que evidencia a necesidade inaprazable de reforzar o sistema sanitario e preparalo para as consecuencias da nova vaga de contaxios que está a experimentar Galicia.

Lamentou que a forza dos feitos evidencien o risco do que os socialistas galegos viñeron advertindo dende o momento no que Feijóo decidiu rescindirlle o contrato a máis de 500 profesionais sanitarios de reforzo para a pandemia. Considera “necesario e urxente manter e reforzar a plantilla de profesionais que están a realizar unha tarefa vital para garantir a sanidade de tódolos galegos e galegas”.

Eufemismos

Máis alá do apoio ás medidas dispostas para minimizar os contaxios nas festas de Nadal, o líder dos socialistas reclamoulle ao goberno galego que “lle chame ás cousas polo seu nome e se deixe de eufemismos” como denominar “toque de non – queda” ás restricións horarias.

Subliñou que os socialistas galegos respaldan as medidas dispostas para evitar as aglomeracións, pero “definilo como toque de non – queda semella unha inocentada.

González Formoso afirmou que o conselleiro “prefire dar un rodeo” para evitar contradicir ás críticas de Feijóo contra o toque de queda noutros momentos da pandemia.

O responsable socialista puntualiza que “eufemismos como toque de non – queda ou cabalgata estática deben ser clarificados no DOG” para que os galegos e as galegas teñan claras as medidas que dita o Executivo tanto nos horarios de ocio como nas celebracións de datas como a de Reis.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18