Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe a Sanidade a reforzar o persoal para xestión de citas do CHUS e habilitar espazos de espera durante o tempo que duren as obras de ampliación

A parlamentaria socialista Noa Díaz vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Consellería de Sanidade o reforzo urxente do persoal do Hospital Clínico Universitario de Santiago encargado das tarefas de xestión de citas. Alerta de que os recortes de persoal están a provocar listas de agarda e colas presenciais interminables, que se desenvolven ademais “en situacións absolutamente indignas”.

A responsable socialista alerta da situación que viven os pacientes do CHUS a diario á hora de realizar probas diagnósticas ou para acadar unha simple cita de seguimento de enfermidades crónicas. A falla de persoal, tanto facultativos como os profesionais administrativos de apoio,  aboca a que os pacientes teñan que pasar “colas inasumibles para, por exemplo, pedir unha consulta de seguimento no servizo de Oncoloxía”.

A esta situación, engade, “súmase unha mingua de recursos materiais, que converten os centros sanitarios en espazos que incumpren as mínimas normas de seguridade, esenciais en tempos de pandemia”. Díaz apunta á inminente apertura de obras de ampliación do Chus, pero reclama unha “solución urxente mentres que estas obras estean rematadas, previsiblemente nuns anos”, co obxecto de “mellorar os espazos nos que doentes e familiares teñen que agardar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08