Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso propón limitar por lei a 2 días a espera en Atención Primaria

Reclama un “pacto de país pola Atención Primaria” para reformar as leis de Saúde e de Garantías de Prestacións Sanitarias

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe en Santiago unha proposición de Lei para limitar a 2 días a demora máxima para ter asistencia sanitaria en Atención Primaria. O líder dos socialistas galegos defendeu un “pacto de país pola Atención Primaria” a partir desta proposta rexistrada hoxe polo Grupo Socialista.

González Formoso chamou ao acordo entre as forzas políticas parlamentarias para reforzar a Atención Primaria logo das debilidades que deixou ver o impacto da pandemia despois dunha década de recortes polo goberno galego, que dispararon as esperas en Atención Primaria, que “semella máis un servizo de atención telefónica”. Fixou como marco para o acordo esta proposta de Lei que vén modificar tanto a Lei de Saúde de 2008 como a Lei de Garantías de 2013.

A proposta fixa así un límite de demora na Atención Primaria a semellanza da atención hospitalaria. Pero ao contrario destas, inclúe a prohibición de derivar as consultas de primaria ao servizo concertado privado de saúde, e inclúe un reforzo significativo das plantillas dos centros de saúde, e engadiu a obriga a establecer cadros de persoal para os PAC e que as unidades asistenciais sexan completas, polo que por cada médico ou médica deberá haber un enfermeiro ou enfermeira.

Tamén reclama a simplificación da administración hospitalaria, habilitando aos médicos de familias para que poidan solicitar unha serie de probas diagnósticas, sen estar obrigados a percorrer ao especialista. A situación actual, dixo, “depaupera a figura do médico de familia”, e abrir a posibilidade de pedir estas probas permitiría “axilizar enormemente a atención especializada”.

González Formoso tendeu a man ao goberno galego e ás forzas políticas parlamentarias para acordar o reforzo da Atención Primaria, a “primeira liña de batalla” que está a evidenciar as consecuencias dos recortes do goberno galego dende a chegada de Feijóo á presidencia da Xunta. Quixo trasladar hoxe unha “mensaxe de responsabilidade política á cidadanía de Galicia” porque “non estamos unicamente para poñer deberes ao goberno, senón tamén para propoñer solucións”.

Ratificou o “compromiso de sentarnos nunha mesa co goberno” para “facer realidade” as melloras na Atención Primaria, logo de que o presidente da Xunta decidira despedir 500 profesionais sanitarios de reforzo no peor da sexta ola da pandemia, e que deixe sen convocar 5.000 prazas estruturais.

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, explicou que a proposta diríxese ao dobre obxectivo de reafirmar a vontade do Grupo Socialista de traballar a favor dos acordos, e da necesidade de fixar garantías de calidade no sistema sanitario. A finalidade última, dixo, é “garantir maior calidade sanitaria para o paciente”, e reforzar a calidade asistencial para que non se repita o peche de servizos de Vigo, derivado da “incapacidade de xestión” do goberno galego.

O presidente do Non

O líder dos socialistas galegos afeoulle hoxe a Feijóo que se teña convertido no “presidente do Non” pola súa negativa sistemática a calquera tipo de acordo ou avance por parte do goberno central, pola súa estratexia de “facer seguidismo de Ayuso, Casado ou Mañueco. Sinalou así a negativa á reforma laboral pactada entre os axentes sociais, no que a Xunta prefire situarse “en contra do que opinan a inmensa maioría de traballadores e empresarios”.

Esta deriva “francamente preocupante”, dixo, esténdese á reforma do sistema de pensións, que lle devolve estabilidade ao sistema logo da reforma de Rajoy para devaluar un 20 por cento as pensións ao desvencellalas ao IPC. O mesmo sucede, dixo, cos fondos comunitarios, incluíndo o bono mensual de 250 euros para alugueiro, cando “aos galegos e galegas preocúpalles máis ter dereito a esa axuda que de onde veña, da UE, do Estado, da Xunta ou do Concello”.

Finalmente, en resposta a preguntas dos xornalistas reclamou a implicación da Xunta e das entidades bancarias para frear a “dramática” exclusión financeira, que abunda na perda de servizos no rural, onde “se non hai colexio, banco nin centro de servizo médico, ninguén vai querer vivir”. Sinalou como “acertada” a reflexión feita pública dende o Ministerio de Economía na luiña de primar ás entidades que manteñan os servizos abertos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00