Categorías: Secretaría Xeral

Valentín González Formoso: “non entendemos como o goberno galego pode non alegrarse e non apoiar a reforma laboral”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE salienta que a reforma aprobada onte supón “un avance claro dos dereitos dos galegos e das galegas e menos  precariedade e temporalidade” para os traballadores e traballadoras galegos

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou hoxe que a cidadanía está “estupefacta” de que o goberno galego critique a reforma laboral “que supón un avance claro nos dereitos dos traballadores e da traballadoras”. Subliñou dende Burela que “non entendemos como poden non alegrarse e non apoiala”.

O líder dos socialistas galegos apuntou que o avance de onte “debera ser aplaudido por todo o mundo”, mentres o PP opta por “votar no Congreso en contra” dunha norma que “supón menos precariedade e menos temporalidade para os traballadores e as traballadoras de Galicia”. Engadiu que “a lo mellor non son todos os avances aos que aspiramos, pero en todo caso trátase dun avance”.

Salientou que “sobre todo, por canto recupera unha senda de diálogo social entre os axentes que representan a todo o tecido produtivo galego e español”. Apuntou ao acordo entre “grandes, medianos e pequenos empresarios, e tamén os traballadores e traballadoras, a través das súas organizacións representativas, tanto empresariais como sindicais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27