Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena censura o “pacto de estado por Ferrol” proposto pola Xunta: “É unha carta aos Reis Magos, ao igual que a listaxe de proxectos para os fondos europeos”

Insta a Xunta a impulsar un plan “urxente” de promoción e reactivación económica das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal “para compensar o impacto económico da pandemia e reactivar o tecido produtivo”

Lémbralle ao PP que a construción das fragatas F-110 “retrasouse dous anos polos mísiles que o ex ministro Morenés quería colocar nas fragatas para favorecer a determinadas empresas”

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de censurar o “pacto de estado por Ferrol proposto pola Xunta, xa que “é unha carta aos Reis Magos, ao igual que a listaxe de proxectos para os fondos europeos”. Fíxoo, hoxe, no Pleno da Cámara galega logo de que defender unha proposición non de lei do Grupo Socialista neste senso, que se votorá mañá por parte dos grupos parlamentarios.

En canto ao texto, o responsable socialista lamentou sexa “un cúmulo de perogrulladas e inconcrecións”, no que destacan que “teñen 100 medidas”, pero “eu dígolles que son de risa”. ”Non poden vestir o escapismo e a inacción de oferta de pacto de estado porque quen ten a competencia exclusiva para facer política industrial son vostedes”, sentenciou.

Malia todo, subliñou Arangüena, neste labor, a Xunta “vai atopar total receptividade na administración estatal e nas administracións locais para levar adiante calquera iniciativa positiva para a comarca”.

Neste senso, o dirixente socialista criticou a “evasión de responsabilidades” da Xunta de Galicia con respecto a Ferrol cando dispón das “competencias plenas e exclusivas” en política industrial e de promoción económica. Así, lamentou as “promesas incumpridas” do goberno galego con respecto á comarca cando, de 13 compromisos adquiridos en 2009, 12 anos despois, “poderíamos dicir que só cumpriu 2 e medio”.

De feito, tendo en conta que “non hai mellor indicador da vitalidade dunha cidade que a súa poboación”, sinalou, no período de goberno do PP de Feijóo, o municipio perdeu 8.713 habitantes, o que supón “a perda de poboación máis acelerada” da súa historia.

Nesta liña, o vicevoceiro socialista lembroulle ao PP que a construción das fragatas F-110 “retrasouse dous anos polos mísiles que o ex ministro Morenés quería colocar nas fragatas para favorecer a determinadas empresas”.

“Bótenlle a culpa ao goberno central do que pasa en Galicia ou en Ferrol, pero vostedes saben que menten”, apelou o vicevoceiro do PSdeG no Parlamento, logo de enunciar a “preocupante” situación que está a vivir o sector industrial nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

HAI QUE IMPULSAR UN PLAN “URXENTE” DE PROMOCIÓN ECONÓMICA EN FERROL

Por todo isto, Arangüena instou á Xunta a impulsar un plan “urxente” de promoción e reactivación económica das comarcas de Ferrolterra, Eume e Cortegal “para compensar o impacto económico da pandemia e reactivar o tecido produtivo” que inclúa unha diagnose das posibilidades e oportunidades de investimento nas comarcas “en sintonía co tecido empresarial, as posibilidades loxísticas e as necesidades do mercado” e que se realice “en cooperación e diálogo coas entidades representativas do empresariado, sindicatos, universidades, administracións e sociedade civil”.

“OPACIDADE” E “FALLA DE TRANSPARENCIA” NA XESTIÓN DOS PROXECTOS

Finalmente, o vicevoceiro socialista criticou a “opacidade” e a “falla de transparencia” da Xunta con respecto á xestión dos proxectos europeos. Por iso, instou á Xunta de Galicia “a que se remangue” e “fale coa sociedade civil e co resto das administracións”.

“Non aposten polo ‘canto peor, mellor’ no que parecen instalados dende que cambiou o goberno de España e exerzan as súas competencias en materia de política industria e de promoción económica porque teñen todas as do mundo e poden facer moitísimo máis con elas do que se fixo nos últimos 11 anos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33