Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta un estudo integral sobre a caída do marisqueo na ría de Ferrol e un plan integral de rexeneración

A Comisión de Política Territorial aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un estudo integral sobre a caída do marisqueo na Ría de Ferrol, seguido dun plan integral de rexeneración da ría e de recuperación da actividade marisqueira. A proposta foi presentada polo portavoz de Medio Ambiente, Pablo Arangüena,  e transaccionada cunha emenda presentada polo BNG.

Arangüena cualificou de “inaudito” que a Xunta “presenta desentenderse do problema da ría de Ferrol” cando “todas as competencias relacionadas co mesmo son súas”. O responsable socialista criticou a “desidia e pasividade” do goberno galego, que deixa que esmoreza e se perda unha fonte de riqueza como é unha ría enteira”, a de Ferrol, onde recentemente chegaron a mariscar máis de 600 persoas e que hoxe son tan só 70.

Explicou que, de acordo cos 3 patróns da ría, en setembro teñen calculado unha caída do 90 por cento na produción da ameixa, por causas que a Xunta “inexplicablemente é incapaz de determinar”. Apunta que inicialmente se falara do parasito perkinsus, pero “logo recoñeceron que pode haber outras causas”, e un estudo da propia mancomunidade de concellos de Ferrol fixo unha mostraxe en 14 puntos da ría, nos que non atopou nin rastro do parasito.

O parlamentario socialista lembroulle ao goberno galego que “a competencia é súa”, e afeoulles que busquen sempre botarlle a responsabilidade ao goberno central, ata o punto de que “só falta que digan que veña Pedro Sánchez a arranxar o problema persoalmente e xa de paso a mariscar”. En troques, lembrou que a competencia de marisqueo é propia de Galicia, e a Xunta ten unha Consellería de Economía, do Mar, de Medio Ambiente un centro tecnolóxico do mar e ata un instituto tecnolóxico do Mar.

Sinalou que “hai organismos investigadores relacionados co mar e coas rías en Galicia como facer 4 análises exhaustivas e integrais do que está a pasar nesa ría”, dispoñibles “a pouco que sexan minimamente eficaces”. Apuntou que mesmo “parece que teñen máis consellerías e organismos teoricamente dedicados a promover e protexer a nosa economía mariña que ameixas van quedando na ría de Ferrol”.

Compensación económica

Instou ao goberno galego a “buscar outra explicación –ou escusa- e teñen vostedes tamén que compensar economicamente a uns mariscadores que non teñen recursos porque non teñen que mariscar”. Apuntou que “non teñen recursos pero si que teñen gastos fixos, como son os 8.000 euros anuais que lles cobra Portos de Galicia, sen actividade, tan só por taxas fixas no caso da confraría de Barallobre”.

Pablo Arangüena urxiu ao goberno galego a tomar en serio a situación dunha ría e dunha actividade chamada a desaparecer cando se trata dunha “actividade estratéxica para Galicia que debera ser protexida, amparada, fomentada, posta en valor e defendida con unllas e dentes”. Criticou o desinterese e pasividade do goberno galego fronte á “crise oculta” e declive no sector marisqueiro galego, tal e como sinalou a revista Marine Policy en 2019.

Esta publicación apuntaba o descenso do 13 por cento nos barcos dedicados ao marisqueo, a caída dos desembarques e o valor de venta das distintas especies, do 16 e o 13 por cento, respectivamente, así como a redución a metade no número de mariscadoras a pé. A publicación especializada apuntaba que a solución “pasa por investir na recuperación das especies autóctonas e no reforzo das políticas contra a contaminación e o furtivismo”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta, como administración principalmente responsable, e máis ao goberno central a iniciar de inmediato un verdadeiro proceso de recuperación da produción marisqueira na Ría de Ferrol, en colaboración coas confrarías da zona, os técnicos da Consellería do Mar e a Estación de Bioloxía Mariña da Graña, ao que se acompañarán medidas de protección económica e social dos mariscadores e mariscadoras pactadas co propio sector, a comezar pola realización dun estudo integral que determine as causas da situación da ría e as posibles solucións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10