Categorías: Actualidade

Máis contido educativo na grella da TVG2

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noa Díaz, reclamoulle ao director xeral do ente que volva programar contido educativo para os tramos de mañá da TVG2. Díaz presentou unha pregunta oral na Comisión celebrada hoxe na que pediu recuperar a emisión de dúas horas de programación educativa, como fixera durante o confinamento.

A parlamentaria socialista sinalou a importancia destes programas para os rapaces e rapazas de Galicia que nestes momentos están obrigados a permanecer na casa. Lembrou que agora mesmo hai en torno a 3.400 positivos detectados nas escolas infantís, unidos aos contactos estreitos que tamén teñen que quedar confinados e aos rapaces e rapazas afectados polo peche de 165 aulas e 8 centros.

Ademais, lembrou, súmase o “problema real que se chama fenda dixital, e que impide que moitos e moitas deles poidan conectarse dende a casa á educación regrada da súa escola”, e que poden aproveitar esta programación.

Noa Díaz puntualizou que “non pretendemos que se emita este bloque de contidos educativos nun posible confinamento, senón que entendemos que debería facerse dende xa, para todos eses nenos e nenas que hoxe están nas súas casas”.

Delegacións territoriais

Díaz presentou ademais unha pregunta oral sobre as consecuencias, dez anos despois, da supresión das delegacións de Pontevedra, Ferrol, a Mariña, Porto e Bruxelas, que supuxo a “mingua da calidade da información e da sobreexplotación dos e das profesionais deste medio”. Lembrou que ademais da perda da información de proximidade, e tal e como advertiu o comité intercentros, a supresión “supón en efecto unha maior manipulación informativa”.

Alertou así das consecuencias dun “modelo moito máis barato pero depeor calidade”, con delegacións “adelgazadas ata o estremo, cuasi persoais e con traballadores multifunción”, coa perda da información de proximidade.

Sinalou que a Memoria da CRTVG de 2019 presumía de que a información de proximidade “achegase con catro desconexións locais diarias, ás 09,50, unha por provincia, nas que se da cabida a tres ou catro informacións”. Apuntou que estas conclusións “amosan o descoñecemento que a dirección xeral ten de Galicia se pensa que é posible resumir en 3 ou 4 pezas a actualidade de toda unha provincia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21