Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista rexeita o Proxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia: “É unha cortina de fume na que agochar a falla de xestión e a incapacidade da Xunta”

Luís Álvarez critica que o novo texto legal renuncia a incorporar “criterios claros a prol da sostenibilidade, o aforro enerxético ou a rexeneración territorial”

O portavoz de Ordenación Territorial do Grupo Socialista, Luís Álvarez, rexeitou o proxecto de Lei de ordenación do territorio de Galicia, no debate de totalidade do proxecto presentado pola Xunta no Pleno do Parlamento. Álvarez sinalou que semella “unha cortina de fume na que agochar a falla de xestión e a incapacidade da Xunta nunha cuestión fundamental”.

Álvarez lamentou que o novo texto legal renuncia a incorporar “criterios claros a prol da sostenibilidade, o aforro enerxético, a rexeneración territorial, as actividades de baixo impacto territorial e sobre os recursos territoriais, o medio ambiente e a paisaxe”. Así, destacou que o proxecto tampouco introduce “ningún tipo de compromiso real nin de obriga futura” por parte do goberno galego.

Ademais, incidiu en que “non quedan acreditados os motivos e a necesidade dunha nova lei” e recalcou que “a teórica necesidade aducida de afrontar novos obxectivos, debera en calquera caso ir precedida dunha análise” dos resultados da actual Lei de ordenación de territorio de Galicia, “tanto no referido ao seu grao de desenvolvemento e aplicación, como na vixencia ou capacidade dos instrumentos que contén”.

Así, reiterou que sen a análise previa da actual Lei, “é incoherente motivar a suficiente xustificación para a súa modificación, mais cando, a maioría dos aspectos sinalados na exposición de motivos do proxecto de lei, xa están incluídos na aprobación do ano 2011 das propias directrices de ordenación do directorio”.

O socialista lamentou que o proxecto de lei “encubre cambios importantes e concretos que precisan de corpo legal para poderen ser levados á práctica”, como a introdución de novas figuras como os “proxectos de interese autonómico”, que se configuran “como instrumentos de ordenación directa por parte da Xunta”, o que supón “unha ameaza para a totalidade do territorio” e “lesiona o principio de autonomía municipal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00