Categorías: Actualidade

A Lei de Pesca fluvial da Xunta “é menos protectora que a de 1992, cando o dereito medioambiental estaba en cueiros”

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, rexeitou a Lei de Pesca Continental presentada hoxe pola Xunta porque “desprotexe aos ríos”. O Grupo Socialista presentou unha emenda de devolución contra esta norma, que foi rexeitada polo PP, co que a Lei comezou o trámite parlamentario.

Arangüena criticou esta nova “normativa laxa” e “menos protectora que a de 1992, cando o dereito ambiental estaba en cueiros”, que busca “favorecer aos grandes incumpridores da Lei, como as empresas contaminantes e as concesionarias hidroeléctricas”, mentres de facto “omiten a defensa dos ecosistemas fluviais”.

Arangüena sinalou que “é absolutamente inaudito” que unha lei feita en 2020, “que en teoría ten por obxecto protexer e fomentar a pesca continental, na práctica supoña un auténtico retroceso na súa protección e fomento”. Así, lamentou que esta “empeora significativamente” á Lei en vigor, que foi aprobada hai case 30 anos.

O responsable socialista criticou que o texto “pasa do principio de ‘quen contamina paga’; ao principio de ‘quen contamina recibe a cuarta parte da sanción que pagaba antes’”. Deste xeito lamentou a redución do réxime sancionador, que amosa “en xeral, unha redución das infraccións case á metade”.

Sinalou que a Lei é “innecesaria” e reclamou “tomar en serio a pesca continental e facer cumprir a norma que xa existe, en lugar que cambiala por unha norma que relaxa as obrigas medioambientais”. Neste sentido acusou ao presidente da Xunta de “acordarse só da pesca fluvial para utilizar ao sector durante o confinamento como escusa para confrontar co goberno central”.

O parlamentario socialista reiterou que o Proxecto de Lei “carece dunha xustificación sólida” e destacou que “o problema non é a longa vixencia da norma de 1992”, senón “a moi mala xestión dos recursos realizada pola Xunta e a omisión constante do cumprimento das súas competencias”, como a falla de sanción ante as agresións aos ríos.

Finalmente, Arangüena lamentou en que “o constante deterioro medioambiental dos ecosistemas fluviais” provocou “o abandono da pesca fluvial por moitos dos seus practicantes, caendo case á metade o número de licencias de pesca na última década”, xa que “chegou a ter case 100.000 licencias de pesca e agora roldan as 40.000”.

Vertidos

Arangüena lamentou ademais que o citado Proxecto de Lei “non introduce ningunha novidade sobre o control de vertidos”. Así, instou ao goberno galego a cambiarlle o nome por “Lei de desprotección dos ecosistemas fluviais de Galicia”.

Dirixiuse á conselleira de Medio Ambiente para sinalar que “poñela a vostede a coidar dos ríos é como poñer ao raposo a coidar das galiñas”. Aludiu así á súa xestión como alcaldesa de Melide e despois como conselleira “permitiu que o Río Furelos, de alto valor ecolóxico, fora contaminado reiteradamente pola falla dunha depuradora no Polígono industrial, quedando convertido na sombra do que foi”.

Lembrou así o “informe demoledor” presentado polo Seprona, que apunta a indicios de prevaricación por omisión polos vertidos detectados dende 2005, e que implican á conselleira tanto como alcaldesa de Melide como despois sendo responsable de Medio Ambiente.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13