Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para esixirlle á Xunta maior estabilidade laboral na sanidade pública

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha moción do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que garanta a estabilidade laboral na sanidade pública. O portavoz de Sanidade do PSdeG, Julio Torrado, presentou esta iniciativa na que advertiu que o Sergas tense convertido na “principal ETT de Galicia”, situando a temporalidade nun 30 por cento, segundo sinalou un membro do Comité Clínico na Comisión de Reconstrución desta semana, que chega ao 40 por cento en Enfermería.

Torrado explicou que o Sergas ten hoxe 1.162 profesionais contratados menos en Atención Primaria dos que contaba en 2009, de acordo cos orzamentos da Xunta, evidenciando un problema grave de déficit e precariedade laboral. A situación, dixo, leva a que a inspección laboral ten notificado ata en 4 ocasións cotizacións irregulares na Eoxi de Ourense, algunha delas precisamente baixo a dirección do actual conselleiro.

Explicou que as elevadas taxas de eventualidade na sanidade pública, que no caso da Enfermaría pode chegar ao 40 por cento, e “un problema de vontade política, porque o Goberno quere”, como demostra que destinen 400 millóns de euros cada ano a pagar estes contratos eventuais. Alertou de que esta situación deteriora a calidade asistencial por canto “aténdenos xente que vive en permanente tensión ante un sistema que alimenta o queime laboral dos profesionais”.

Torrado sinalou que a política laboral do goberno galego obriga aos profesionais a “cambiar día a día de servizo” con contratos temporais que impiden que os traballadores saiban onde e por canto tempo serán contratados. Sinalou “como andará o sistema sanitario cando lle chaman estabilidade a contratos de apenas 4 meses”, e puxo como exemplo o caso de enfermeiras contratadas apenas un mes para cubrir baixas de 3 meses.

O responsable socialista explicou ademais que esta estratexia permítelle ao goberno galego anunciar 750 novos contratos de enfermería que en realidade “non é máis que anunciar a renovación dos contratos precarios que corresponden ao mes de novembro”.

O mesmo sistema, dixo, que mantén aos investigadores das asociacións biomédicas sen convenio laboral, logo de perder un 11,5 por cento de investimento en 2 anos, sometendo aos investigadores galegos a unha situación de precariedade inasumible. Precisamente, dixo, cando “coñecemos a importancia da investigación” ao día seguinte de ser coñecida a dispoñibilidade da vacina fronte ao coronavirus.

MIR

O acordo aprobado hoxe inclúe a supresión da taxa de reposición, que tanto PP como BNG rexeitaron nun primeiro debate no Congreso recentemente, e convocar tódalas prazas MIR habilitadas para o sistema sanitario público de Galicia. Este apartado incorpora precisamente unha emenda presentada polo PP aludindo aos acordos do Consello interterritorial do SNS do 28 de abril de 2018, no que lle “pintaron a cara ao goberno de Rajoy.

Daquela acordaron axilizar a flexibilizar as acreditacións de unidades docentes que o PP tiña paralizado dende o Goberno. Ata aquel momento, dixo, as convocatorias MIR “foron un problema porque Rajoy as meteu nun caixón, e o goberno –de Pedro Sánchez- a continuación convocou o MIR máis grande da historia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

  1. Apoiar todas as iniciativas e accións institucionais que faciliten a posta en marcha da medida de eliminación da taxa de reposición que foi promovida dende a Comisión de Reconstrución do Congreso dos Deputados, e comprometer un programa de contratación de persoal para o sistema sanitario público de Galicia que, unha vez que se elimine a dita taxa, recupere nun prazo de 3 anos todas as prazas que non puideron ser convocadas pola esa limitación.

  1. convocar todas as prazas MIR habilitadas para o sistema sanitario público de Galicia naquelas especialidades deficitarias en termos de persoal e instar ao Ministerio de Sanidade a que dea cumprimento aos acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde do 28 de abril de 2018 relacionados coa axilización e flexibilización das acreditacións de unidades docentes, en particular nas especialidades que se teñen declarado maioritariamente deficitarias como Medicina de familia, Pediatría e as súas áreas específicas.

  1. Avaliar coa Facultade de Medicina da USC a posible necesidade de formar máis estudantes de medicina nos vindeiros anos, coa dotación dos medios necesarios para facelo.

  1. Ampliar o tempo medio de contratación de persoal eventual ata o máximo posible, especialmente no correspondente ás prazas de enfermería, para dotar de maior estabilidade ao persoal.

  1. Realizar un informe no prazo de un mes que avalíe a necesidade de contratar persoal ao abeiro de toas as modificacións normativas que se faciliten dende o Goberno de España para os recursos humanos do sistema sanitario, e incluír as propostas que dende Galicia se consideren de relevancia.

  1. Entregar un informe de contabilización do persoal do sistema público de Galicia que contemple o número de profesionais estatutarios nos anos 2019 e 2020, e o volume de contratacións extraordinarias realizadas durante o ano 2019 e 2020, especificando a aplicación orzamentaria utilizada para facelas, e distribuídas por categoría profesional e EOXI”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28