Categorías: Actualidade

A Xunta renuncia a exercer maior capacidade fiscal e aplicar uns orzamentos expansivos para atender ás persoas no contexto da covid

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, explicou hoxe o rexeitamento do PSdeG ao teito de gasto presentado pola Xunta pola “falla na expansión dos recursos propios da Xunta de Galicia”. A responsable socialista sinalou que o goberno galego “renuncia a exercer a súa maior capacidade fiscal e aplicar o poder expansivo” para acadar uns maiores orzamentos que atendan ás persoas no contexto da pandemia.

Rodríguez Rumbo reclamoulle á Xunta que “empregue tódolos recursos ao seu alcance para acadar a saída da crise o máis axiña posible sen que ninguén quede atrás”. Así o dixo antes de explicar que a rebaixa do Imposto sobre o Patrimonio de Feijóo “afectou só a 7.132 persoas cunha cota líquida media de 10.000 euros para as persoas que máis teñen”, e que supón que a Xunta deixe de percibir 12 millóns de euros para axudar aos galegos e galegas que máis o necesitan.

Dixo que a Xunta “ten que incrementar o seu propio poder expansivo”, para “sentar as bases do cambio de modelo produtivo cara un país máis cohesionado, máis verde e máis feminista”, apostando por “unha economía do coñecemento que priorice a educación, a formación e a investigación”. Reclamou “reforzar o Estado do Benestar e garantir apoio constante ás familias, aos traballadores, ás persoas autónomas e ás empresas”.

Os socialistas reclamaron “canalizar os fondos europeos para avanzar cara unha economía con maior valor engadido, máis dixital e baseada na transición enerxética” e reclamou situar a loita contra o virus como prioritario porque “sen saúde todo o demais é secundario” e “sen loitar contra esta pandemia non imos recuperar á nosa economía”.

Rodríguez Rumbo interveu no debate de teito de gasto, que foi aprobado tan só cos votos a favor do PP, e no que advertiu que “non poden seguir con políticas de austeridade e de contención do gasto público”. Sinalou que “non pode seguir sendo o alumno máis aplicado para cadrar as contas ante que atender ás persoas, tal e como aconteceu coa xestión da Xunta da crise de 2008”.

Reclamou a posta en marcha de tódolos resortes da Comunidade Autónoma para garantir unha saída social da crise nun país que antes da chegada da covid “era xa un país con moitas desigualdades e con falla de oportunidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18