Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista fai unha “emenda á totalidade das políticas públicas de 14 anos de gobernos do PP” coas 40 propostas de resolución ao DEA

Begoña Rodríguez Rumbo anuncia unha proposta alternativa de reforzo do sector público reactivación económica e creación do emprego fronte a un presidente da Xunta “baleiro, esgotado, dubidoso” sen “ningunha medida de calado”

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que Galicia deixe de ser “zona de exclusión” para o cumprimento da Lei de Memoria Democrática e organice un acto institucional conmemorativo cada 31 de outubro

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou hoxe unha proposta alternativa do PSdeG que constitúe unha “emenda á totalidade” da xestión das políticas públicas dos últimos 14 anos dende os gobernos do PP. A responsable socialista presentou as 40 propostas de Resolución do PSdeG no Debate do Estado da Autonomía que serán votadas no Pleno mañá mércores, dirixidas a “mellorar a vida das persoas, dos sectores económicos do país e aproveitar as nosas potencialidades”.

O Grupo Socialista presentará unha alternativa progresista centrada na reactivación económica, a creación do emprego e o impulso da industria, e para a blindaxe do sector público. Dixo que presentarán estas propostas logo dun discurso do presidente da Xunta “baleiro, esgotado”, que amosou a un Rueda “dubidoso”, e que non presentou “ningunha medida de calado que poida incidir na mellora da vida dos galegos e das galegas nin do noso sector económico”.

Advertiu que a intervención de onte demostrou que logo de 14 anos de goberno se limitaron a “xestionar sen máis ambición” amosándose cada ano “incapaces de ofrecer solucións reais que incidan os problemas actuais das persoas de Galicia nin no seu sector produtivo”.

Os socialistas galegos presentan un primeiro gran bloque de propostas dirixidas á reactivación económica, a creación de emprego e o impulso da industria, mentres a Xunta “desaproveita a oportunidade histórica” que brindan os fondos Next Generation. Emprazou a aproveitar a inxección de recursos para cambiar o sistema produtivo, e por iso centran as propostas en “aproveitar a transición dixital, ecolóxica e da descarbonización” e asumir un pacto pola industria.

Tamén reclamarán a blindaxe dos servizos públicos, comezando pola blindaxe das pensións públicas independentemente do goberno do Estado, aumentando conforme ao IPC “e non a rebaixa á mínima expresión” que impuxo o PP cada vez que tivo a oportunidade de gobernar. Dixo que as persoas “teñen dereito a unha pensión digna que os permita vivir con benestar nas melloras condicións posibles”.

Presentan unha serie de propostas de resolución para o reforzo da sanidade pública, nomeadamente a Atención Primaria, para reducir as listas de agarda “vergoñentas” na Atención Primaria e especializada. Acusou ao goberno galego de provocar a falta de prazas e de especialistas, mentres “desmantelan” os centros de saúde no rural, unha Galicia despoboada que “esmorece” cunha Xunta “máis preocupada da propaganda que de revitalizar o rural”.

Rodríguez Rumbo reclamoulle á Xunta a creación de 2.000 prazas en residencias públicas para atender ás persoas maiores, antes e lembrar que a Xunta tarda ata 4 anos en resolver os expedientes da Dependencia e que dende o ano 2009 é a quinta Comunidade Autónoma que menos aumentou o gasto en política social dende o ano 2009. Puxo en cuestión o Bono Coidado para dependentes anunciado onte, que supón “envolver cun lacito medidas que xa existían”.

Esixiulle ao goberno galego que empregue os recursos de que dispón para “mellorar a vida das persoas” cando, advertiu, segundo o Instituto Galego de Estatísitica máis da metade dos fogares chegan con dificultades a fin de mes.

Memoria Histórica

Os socialistas galegos incorporaron unha Proposta de Resolución para esixirlle á Xunta que cumpra coa Lei de Memoria Democrática aprobada hai un ano e que organice cada 31 de outubro unha homenaxe á vítimas do golpe de Estado, da Guerra Civil e da ditadura franquista. Reivindicou que Galicia “non sexa zona de exclusión” no cumprimento desta norma malia as “dificultadas amosadas polo PP de recoñecer a dor das vítimas da represión franquista”.

Rodríguez Rumbo anunciou que os socialistas galegos incluíron unha Proposta de Resolución para pedir a condena a “calquera acción terrorista levada a cabo polo grupo Hamás contra o pobo de Israel”, ademais de pedirlle ao goberno da UE que “manteña todas as liñas de axudas ao pobo palestino”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10