Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que faga “autocrítica” ante o desmantelamento educatico que afecta ao rural galego

Luís Álvarez denuncia que o goberno está “paralizado, sen ideas novas e que non da respostas aos problemas que ten Galicia por diante”

O voceiro parlamentario do Grupo Socialista, Luís Álvarez, denunciou hoxe os datos “extremadamente preocupantes” publicados o pasado venres no Diario Oficial de Galicia, que anunciaban unha redución de 60 unidades escolares de educación infantil e primaria con respecto ao ano pasado. Reprobou que a Xunta non faga “a máis mínima análise nin autocrítica” das súas responsabilidades con respecto ao reto demográfico, o que é unha grave consecuencia do desmantelamento educativo do rural.

O voceiro socialista advertiu da pouca marxe de reacción para os representantes dos centros educativos que o goberno galego lles da ao publicar unha orde que afecta a un curso que comeza en menos dun mes do seu anuncio. Ademais engadiu que, a administración fala de crise demográfica para xustificar estes recortes sen facer cambios para mellorar a situación de despoboamento do rural, que é o principal afectado.

Acusou á Xunta de desasistir as políticas públicas para que resulte atractivo vivir no rural, sen cambios nin análises dos problemas educativos, sanitarios ou de políticas sociais aos que se enfronta unha parte tan importante do noso territorio. Álvarez denunciou os recortes inxustos en servicios sanitarios ou o déficit de prazas de residencias para persoas maiores nos concellos rurais que agravian os datos de abandono demográfico nestas zonas.

Fronte ao anterior, Luís Álvarez puxo en valor as medidas que o PSdeG propuxo en moitas ocasión e as cales foron rexeitadas polo Partido Popular, coma a creación dun observatorio do ensino rural para propoñer solucións logo de analizar as distintas problemáticas que temos para afrontar o reto demográfico.

Abondou en que segundo o Instituto Galego de Estatística en Galicia van morrer case 300.000 persoas máis no período 2022-2036 que das que van a nacer, datos que precisan medidas inmediatas e que “a Xunta coñece perfectamente pero oculta deliberadamente”.

Por outra banda, o voceiro  socialistas remarcou que levamos meses asistindo a unha “parálise absoluta” na acción do goberno da Xunta de Galicia que está limitando a súa función de goberno a unha cuestión de mantemento da xestión, coma se o que se fai fora suficiente cando “todos sabemos que é absolutamente deficitarias”, dixo.

Luís Álvarez apuntou que as políticas que o goberno galego está levando a cabo quebran de forma sistemática a igualdade de oportunidades entre alumnos de ámbitos urbanos e semiurbanos e de ámbitos rurais. Estas diferencias reducen as posibilidades do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, como por exemplo estudantes que precisen pedagoxía terapéutica, de audición ou linguaxe ou desdobres para atendelos en boas condicións.

A redución dos 89 mestres e mestras nos centros educativos de Galicia afectarán de maneira implacable á calidade de ensino. O portavoz socialista destacou que “non é o mesmo inclusión que integración” e que se lle deben ofrecer centros inclusivos pero con garantías e recursos suficientes para poder ofertar unha integración de calidade ao alumnado que máis o necesita.

Por último, Álvarez fixo referencia ás catro medidas “de choque” que propoñen para mellorar a situación educativa de Galicia. Sinalou a necesidade de abrir un diálogo no seo da mesa sectorial de educación para avaliar acordar os cadros docentes do curso 2023-2024 que den resposta as necesidades reais, así como a necesidade de instaurar a gratuidade de libros de texto de “forma inmediata”.

Tamén quixo remarcar que é moi importante a realización dun plan ou estratexia para o ensino rural en conxunto da comunidade educativa e así delimitar cales son as necesidades, potencialidades e eivas que se padecen para propoñer solucións e paliar os recortes sistemáticos ano tras ano. “A educación require menos autocomplaciencia e triunfalismo por parte da Xunta, e máis análise e proxección para un futuro que todos desexamos”, concluíu o parlamentario socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21