Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esixe un plan de acción urxente para paliar os datos das listas de agarda no CHUS que arroxan “un escenario preocupante”

Noa Díaz remarca que hai que prestarlle especial atención as especialidades que se atopan nunha “inasumible” situación

A deputada compostelá do PSdeG, Noa Díaz, vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamarlle á Xunta de Galicia un plan de acción urxente para minorar a moi negativa evolución das listas de agarda no CHUS. Nesta liña pide que se preste especial atención ás especialidades que se atopan nunha peor situación e que se elabore antes de que remate o ano unha diagnose das causas desta preocupante situación.

Polo miúdo, Noa Díaz explica que o goberno galego ten aínda sen publicar as listas de agarda do Centro Hospitalario Universitario de Santiago correspondentes ao primeiro semestre, polo que os últimos datos que se coñecen son os de 31 de decembro de 2022 que, lonxe de mellorar, arroxan un “escenario cada vez máis preocupante”. Hai 45.663 persoas que nese momento agardaban por unha proba diagnóstica, por unha cirurxía ou por unha consulta externa. “Son, exactamente, 6.931 persoas máis que hai xusto un ano nas mesmas datas”, alerta.

A maiores, afonda en que, segundo os últimos datos oficiais publicados, o tempo de agarda na listaxe de cirurxía no CHUS é de 144,5 días, tamén en xinecoloxía, cun tempo de agarda de 90,5 días e con 126,3 días en ciruxía torácica, estes datos supoñen un incremento que triplica os do ano pasado. Noa Díaz advirte de que isto significa que a finais de 2022 había 8.382 persoas agardando por unha operación, cando un ano antes eran 7.337.

Por outra banda, lembra que a listaxe de agarda para consultas externas no CHUS, a finais de 2022, había 24.080 persoas, cando en 2021 eran 19.594. Isto supón unha media de 49,5 días fronte aos 46,2 de 2021. De maneira global, o 65 % dos servizos “viron incrementados os seus tempos para consulta”.

Ademais, a deputada socialista cualificou de “inasumible” a listaxe de espera en probas diagnósticas no CHUS. Por exemplo en eco de mama, que pasou de 58,5 días de agarda aos 103 da actualidade.

Pola súa banda, Díaz apunta a que se ben é certo que o peche de camas hospitalarias é unha constante nos meses estivais para adecuar a asistencia sanitaria ás vacacións do persoal sanitario, non é menos certo que o complexo hospitalario de Santiago vería fortemente reducidas as listas de agarda de non se pecharen esas camas.

Como exemplo advirte que as camas pechadas do CHUS, cunha estadía media de 7,5 días e un índice de ocupación do 85 por cento, permitirían ingresar 1.876 pacientes, o que supón o 22,38% das persoas que se atopan na lista de agarda cirúrxica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27