Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esixe á Xunta que inclúa nos currículos educativos a educación afectivo-sexual como recolle a nova lei estatal

Noa Díaz rexistra unha batería de iniciativas parlamentarias para que o goberno galego actúe  fronte aos casos de agresións sexuais que se deron en Galicia este verán

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, esixiu este martes á Xunta que actúe ante os casos de agresións sexuais grupais a menores deste verán en Galicia. A parlamentaria emprazou ao goberno galego a incluír nos currículos educativos contidos sobre educación afectivo-sexual como reacción ante o incremento de casos en menores.

A deputada socialista presentou unha batería de iniciativas para instar á Xunta a tomar medidas urxentes en materia de violencia contra as mulleres, especialmente centradas en reforzar o ámbito educativo e familiar. Considera unha escalada de violencia machista sen precedentes ante a que necesitamos “un maior compromiso a curto, medio e longo prazo” por parte do goberno de Galicia.

Segundo a memoria anual da actividade xudicial dos tribunais e xulgados galegos, as audiencias galegas xulgaron en 2022 dúas persoas á semana por delitos sexuais, o 65,6% das denunciantes eran menores de idade.

A parlamentaria compostelá puxo en valor as medidas que conforman a Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, que no capítulo I de Medidas incorpora a prevención e sensibilización no ámbito educativo e que a Xunta debería incorporar con medidas de actuación ante o escenario que nos deixa este verán en Galicia.

Este incremento de agresións grupais a menores preocupa especialmente a Díaz, quen destaca que son necesarias reaccións dende a coeducación, e cumprir a lexislación coa introdución da educación afectivo-sexual nos currículos, adaptada a cada etapa madurativa e co uso axeitado das novas tecnoloxías.

Puxo de relevancia que o criterio experto sinala a falla de formación en materia sexual e o libre acceso a contidos pornográficos dende idades temperás como causas que explican en certo modo o incremento de violencia sexual entre a mocidade.

Ante esta fotografía da realidade, os socialistas consideran que a violencia machista se combate dende a educación tanto nas aulas coma nas propias casas. Noa Díaz reclama a Rueda esta actuación contundente, para que se comprometa tamén a elaborar unha guía con recursos en materia sexual dirixida ás familias e así facilitar o necesario traballo de educación nos fogares e axudar a romper tabús sobre sexualidade.

En concreto, na batería de iniciativas presentada por Díaz, reclama á Xunta que se reforce a prevención e a educación a través da introdución de contidos sobre educación sexual nos currículos educativos. Neste senso, Noa Díaz incide na importancia de diferenciar entre os distintos públicos e impactos cos distintos grupos de idade.

A deputada abondou na importancia de formar e educar sobre os perigos que comportan os contidos dixitais de violencia sexual como na necesidade de coñecer os nosos corpos e aprender a respectalos, o que deberían formar parte da estratexia de loita fronte as violencias contra as mulleres.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23