Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que o programa da Xunta de impulso á innovación das Pemes destina uns “ridículos” 800 euros a cada empresa

A portavoz de I+D+i do Grupo Socialista, Leticia Gallego, denunciou hoxe o “orzamento ridículo” da Xunta para a I+D+i nas Pemes galegas, con apenas 800 euros por entidade no Programa de Impulso á Innovación das Pemes presentado o pasado 1 de xuño. Gallego presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que incremente as partidas, pero que foi rexeitada polo PP.

Gallego reclamoulle á Xunta “que aposte por un modelo que priorice a I+D+i, sinaladamente nestes momentos nos que a economía vai depender da innovación e da investigación”. Sinalou que o programa de impulso á innovación, con apenas 12 millóns de euros para 15.000 empresas  demostra que “a Galicia quédalle moito por mellorar en I+D+i”, cun gasto público de apenas o 64 por cento da media da UE, situando a Galicia ao posto 68 das 240 rexións europeas.

A responsable socialista alertou ademais que programas como o InnovaPeme celebrou o ano pasado a súa cuarta edición reducindo aínda máis o seu orzamento, cunha liña de axudas “ínfima”, que apenas ascende aos 2,8 millóns de euros. Reclamou “un maior esforzo” da Xunta “por estar na vangarda da innovación e ter unha economía moderna á altura de Europa”.

Actualmente, Galicia destina a I+D+i o 0,98 por cento do PIB, nunha posición “rezagada, con menos investimento que en etapas anteriores”, e reclamou un incremento paulatino nos próximos exercicios orzamentarios ata acadar “a lo menos o 1,5 por cento de gasto sobre o PIB”, ou do contrario, advertiu, “perderemos a batalla do futuro”.

Reivindicou ademais en concreto o “incremento do orzamento do programa para impulsar a innovación nas Pemes da nosa comunidade e que reforce as políticas públicas de transferencia de coñecemento e innovación empresarial”, con especial atención cara estas entidades. Sinala que a ciencia e a innovación son “valores estratéxicos e piares do benestar e do crecemento”.

Apuntou que a disposición de tres universidades e tres centros tecnolóxicos en Galicia “parece un bo punto de partida para que as empresas galegas se beneficien dos resultados da súa investigación, mediante acordos de transferencia de tecnoloxía e proxectos de colaboración”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10