Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o “cinismo” do goberno galego, que pide máis prazas MIR que despois deixa sen convocar e provoca o éxodo de médicos en formación pola mala calidade das condicións laborais

Julio Torrado denuncia que a “calidade insuficiente” dos contratos de formación da Xunta, que provoca que quedaran sen cubrir 39 prazas MIR das 207 habilitadas polo Estado

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe o “cinismo” do PP e do goberno galego, que persisten en “facerlle a guerra ao Estado” ao pedir máis prazas MIR que despois quedan baleiras. Torrado lamentou que o PP teña votado hoxe en contra da proposta que presentou na Comisión de Sanidade para pedirlle á Xunta que convoque tódalas prazas MIR que ten habilitadas polo Estado.

Lembrou que o Estado leva convocado de forma consecutiva as 5 convocatorias MIR máis grandes da historia para recuperar os anos de goberno de Rajoy, que restrinxiu a formación de sanitarios provocando a falla de profesionais de hoxe. Sen embargo, o goberno galego ten renunciado a convocar 180 profesionais de medicina familiar nos últimos 10 anos, malia que é quen solicita as prazas que despois son habilitadas polo Estado.

Este ano Galicia deixou sen convocar máis de 100 MIR, ademais de 29 das 79 prazas de formación en Enfermería Familiar e Comunitaria, mentres o PP e a Xunta “quéixanse de que non hai profesionais pero despois renuncian a formar os que poden”. Cualificou de “pitorreo” do goberno galego, que incumpre os acordos parlamentarios que piden a convocatoria de tódalas prazas, seguido do “borreguismo” do PP que “fai o que dita un goberno que logo non cumpre”.

Prazas sen cubrir

Engadiu que nas prazas que si son convocadas impón unhas condicións tan precarias que os médicos en formación prefiren marchar a outras comunidades autónomas, deixando as prazas sen cubrir. Este ano quedaron baleiras 39 prazas das 207 das que dispón a Xunta porque Galicia é a Comunidade Autónoma na que os médicos residentes de primeiro ano cobran menos en todo o Estado, por debaixo do que cobra un profesional de FP sanitaria.

Lamentou que o sistema sanitario está a ter “o maior número de prazas vacantes que nunca” porque o goberno galego “prefire facer campaña electoral e non resolver a situación do sistema sanitario”. Explicou que Galicia é a segunda autonomía con maior número de vacantes, só por diante de Castela e León, que ten unha mais, e moi por detrás de Asturias, con 1 soa vacante.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10