Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama a reversión aos concellos dos terreos de Portos que xa non teñen uso portuario

Julio Torrado acusa ao goberno galego de actuar “coma o cobrador do frac” e utilizar a Portos “como boicot contra os concellos”

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023. O viceportavoz do Grupo Socialista Julio Torrado reclamoulle hoxe á conselleira de Pesca que habilite a reversión aos concellos dos terreos de Portos de Galicia que xa non teñen uso portuario polo crecemento urbanístico dos concellos. Torrado presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que acusou á Xunta de actuar “coma o cobrador do frac” e utilizar estes terreos “como boicot contra os concellos”.

O responsable socialista lembrou a situación de numerosos concellos costeiros, que foron absorbendo os terreos que un día integraron o porto local, pero que polo avance urbanístico quedaron para usos municipais. Sen embargo, a entidade mantén estes terreos para cobrar por un uso que nada ten que ver coa actividade portuaria, pero sen embargo renuncian a asumir o seu mantemento ou limpeza, que recae sobre os gobernos locais.

Sinalou a situación de Cariño, onde o propio edificio do Concello sitúase en terreo de Portos, cando “ningún barco atraca no Concello e ninguén descarga peixe alí”, pero seguen pagando taxas á entidade, o mesmo que sucede no Grove. Citou os casos tamén de Burela, Vilaxoán, Cangas ou A Pobra, onde Portos cobra polo uso de zonas de tránsito nas que “non dan servizo, porque as papeleiras, a limpeza e o coidado dos xardíns é asumido polos concellos”.

Reclamou “solventar unha situación anómala” e que lles permitan aos concellos que xestionen uns espazos que de facto están a soster agora mesmo, e acusou ao goberno galego de “aproveitar un problema no canto de solucionalo”. Acusou á Xunta de empregar a Portos como “boicot”, provocando conflitos ao dificultar a actividade dos concellos e provocando diferenzas de taxas entre hostaleiros ubicados a 10 metros porque un está en terreo do Concello e outro non.

Lembrou que o goberno galego renunciou a incluír a reversión dos terreos a favor dos concellos cando aprobou a Lei de Portos en 2017, e seguiron rexeitando calquera iniciativa presentada polo Grupo Socialista ata 2020, cando comezaron a “votar a favor, pero con cumprimento nulo”. Lamentou que a conselleira diga que seguen a estudar a medida xa que, ironizou, “levan 10 anos estudando, igual teñen que empezar a poñelo en práctica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18