Categorías: Actualidade

Luis Álvarez sinala que as eleccións municipais demostraron que o voto progresista supera ao PP de Rueda

O portavoz do Grupo Socialista considera “urxente” que a Xunta pase a ser presidida por un PSdeG que “mire polos intereses de Galicia” e dea relevo a un goberno que “só mira polos intereses do PP”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, salientou que as eleccións municipais do pasado domingo demostraron que o voto progresista, liderado polo PSdeG, supera ao PP en Galicia. Durante unha sesión de control na que o presidente da Xunta eludiu responder á situación crítica dos servizos públicos en Galicia, o que demostra a “urxencia” de que o goberno da Xunta “deixe de estar en mans dun PP que non quere mudar absolutamente nada”

Álvarez subliñou a diferenza entre os socialistas que “miran polos intereses de Galicia” fronte a un Rueda unicamente preocupado “polos intereses do PP”, e sinalou que “a mellor Galicia que podemos ter estará nas mans dun goberno progresista presidido polo PSdeG”. Advertiu que ao presidente da Xunta “treméronlle as pernas” o pasado luns para adiantar as eleccións autonómicas e “non vencellar o seu futuro ao futuro incerto de Feijóo” por “medo”.

Lamentou que ao presidente da Xunta “só lle interesa falar das eleccións xerais” do próximo 23X cando os socialistas galegos preguntaban pola situación crítica dos servizos públicos en Galicia pola “xestión deficitaria” do goberno galego nas mans do PP. O portavoz socialista defendeu unha alternativa socialista que sitúe ás persoas “no centro das políticas” e que “cumpra coa sociedade galega”.

O portavoz socialista situou ao presidente da Xunta fronte á realidade da falla de prazas públicas nas residencias, 14.600 menos das que fixa a OMS e para atender ás necesidades dos maiores galegos, que só teñen 3.000 prazas públicas dun total de 22.000. Advertiu ademais que o goberno galego tarda máis de un ano en resolver as valoracións das dependencias, demostrando que “asiste como comentarista e observador dunha realidade dramática”.

Criticou que a única alternativa á falla de vivenda pública fronte á escalada de prezos do alugueiro e á suba das hipotecas sexa “culpar a outras administracións e ocultar a súa deficitaria xestión”, cando en 5 anos só fixeron 617 vivendas públicas fronte ás máis de 5.000 do goberno presidido polo socialista Pérez Touriño. Censurou que malia ás dificultades da mocidade para emanciparse, deixaran 470 millóns de políticas de vivenda sen executar en 10 anos.

Luis Álvarez criticou ademais á errada Lei de Impulso Demográfico, que fracasa na urxencia de incrementar a natalidade, cando “hai que mudar as políticas para ofrecer un escenario factible, viable e alentador para ter fillos”.

Reivindicou un goberno que “cumpra coa sociedade galega”, comezando polo incremento de prazas públicas nas residencias de maiores, reforce os equipos de valoración da dependencia e cumpra coas súas competencias e achegue recursos ao Servizo de Axuda no Fogar. Reclamou o reforzo dos servizos públicos no rural e “atallar o despoboamento que sufrimos” polo peche de centros de saúde e de ensino que “quebran a igualdade dos galegos e das galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02