Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica as “ineficaces e inexistentes” políticas de emprego da Xunta, que deixou sen gastar 2.000 millóns de euros en políticas activas de emprego dende 2009

Begoña Rodríguez Rumbo acusa ao PP de “mentir” e de negar a igualdade e a libre orientación sexual para pactar coa ultradereita

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, responsabilizou hoxe ás “ineficaces e inexistentes” políticas de emprego da Xunta que o mercado laboral galego teña un peor comportamento que o resto do Estado. Así o dixo Rodríguez Rumbo, que fixo a pregunta ao presidente da sesión de control pola ausencia sobrevida do portavoz do Grupo Socialista.

A responsable socialista sinalou que, polo desleixo do goberno galego, “a sociedade galega ten que ver como cae menos o paro en Galicia, como se cambian sen explicación algunha as modalidades de formación, como existe unha fenda de xénero ou como deixan de investir millóns asignados a políticas de emprego”.

Rodríguez Rumbo emprazou aos datos de execución orzamentaria, que revelan que entre 2009 e 2022 o goberno galego deixou sen gastar 1.954 millóns de euros, o 34,2 por cento dos 5.977 millóns asignados a políticas de emprego. Nesta mesma etapa o goberno galego deixou sen gastar 863 millóns de euros dos 1.604 asignados á formación para o emprego, 656 para persoas paradas e 207 para persoas ocupadas.

Alertou da gravidade da fenda de xénero en Galicia, onde as mulleres cobran un 19,1 por cento menos que os homes, o que supón case 5.000 euros menos ao ano. Ademais, segundo os datos da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas -CRUE-, Galicia é a segunda autonomía con máis peso de egresados empregados no exterior, logo de que en 2021 tiveran que marchar 8.257 traballadores galegos con titulación universitaria.

Saudou sen embargo os datos positivos da evolución económica de Galicia, impulsada polas políticas do goberno central, que acadou o récord de 20,8 millóns e ocupados “a pesares da Xunta de Galicia e do PP”. Afeoulle a Rueda o voto en contra ao SMI, ao Ingreso Mínimo Vital, á reforma laboral, ao incremento das pensións e ao Plan de Recuperación, así como as visitas á UE, onde Von der Leyen non o quixo recibir, para “intentar que os fondos non chegaran a Galicia”.

LGTBI

A responsable socialista criticou as “mentiras” do goberno galego e do PP, que “negan a igualdade de xénero e a libre orientación sexual, así como “moitos dereitos que custaron moito traballo acadar” para asinar acordos coa extrema dereita. Apuntou como mostra á polémica nas Cortes de Castela e León, onde a presidencia quere que os deputados socialistas retiren dos seus despachos as bandeiras LGTBI.

Acusou ao PP de “tirar pola borda” os avances sociais “porque se someten ás premisas dun partido -de extrema dereita- que non engana a ninguén”. Dixo que o PP “pacta con quen sexa” a costa de “enganar á xente cun descaro impresentable” como fixeron ao negar o apoio a Jácome no Concello de Ourense só horas antes de asinar un acordo a cambio do seu apoio na Deputación provincial.

Rodríguez Rumbo aproveitou para preguntarlle a Rueda se era verdade que Baltar se ía apartar da política, tal e como el mesmo afirmara logo da polémica por ser detectado conducindo o vehículo oficial a 215 quilómetros por hora, e logo de que o político ourensán do PP puxera en dúbida a súa retirada.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33