Categorías: Actualidade

Julio Torrado apunta que o Sergas actúa como “‘pagafantas’ co diñeiro de tódolos galegos” por pagarlle a unha clínica privada por usar a maquinaria oncolóxica doada ao sector público

Presenta unha proposta no Parlamento para devolver a maquinaria ao sector público ao que está destinada e regular o destino a centros públicos de todas as doazóns futuras que reciba o Sergas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, cualificou hoxe ao Sergas de actuar como “pagafantas co diñeiro de tódolos galegos” ao pagarlle a unha clínica privada por empregar a maquinaria oncolóxica doada pola Fundación Amancio Ortega en 2015. Torrado presentou unha proposta no Pleno do Parlamento para pedirlle á Xunta que recupere esa maquinaria e a instale en centros públicos.

Malia que a votación terá lugar mañá mércores, o PP xa ten anunciado que votará en contra dunha proposta “que pide algo lóxico, e como todo o que é lóxico, o goberno do PP non o fai”, ironizou Torrado. Explicou que o acordo do Sergas coa Fundación que posúe a dita clínica, situada na Coruña, recibiu 45 millóns de euros entre os anos 2017 e 2021 entre outras cousas por atender a pacientes derivados da sanidade pública para ser tratados cunha maquinaria que é do Sergas.

Engadiu que a propia clínica está a empregar ademais estes recursos para atender a pacientes afiliados a mutuas de saúde, tal e como ten alertado o Consello de Contas, quen apunta que a cambio pagan un canon que “pode estar ocultando unha subvención”.

Foi o propio ente fiscalizador, lembrou Torrado, o que alertou de que a doazón non está debidamente xustificada e lembrou que foi o propio presidente da Xunta quen admitiu, cando foi coñecido o informe de Contas, que “non está lista a ubicación definitiva, que será nun hospital público”.

Ao mesmo tempo admitía que “teñen tamén acceso pacientes dos seguros privados” e polo tanto, explicou Torrado, “utilízase para negocio privado”. E todo isto, subliñou, mentres a sanidade pública continúa buscando sitio para a maquinaria logo de 8 anos despois da doazón.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38