Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista considera que a externalización do aborto por parte da Xunta é “un atentado contra os dereitos das mulleres”

Leticia Gallego pide a dimisión de Louzán polo seu apoio á actitude machista de Rubiales contra a futbolista Jennifer Hermoso

Critica a “desesperación total” de Feijóo, que onte confirmou en Soutomaior que a súa “investidura falida” é unha “tomadura de pelo”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Leticia Gallego, dixo hoxe que o concurso do Sergas para externalizar a interrupción voluntaria do embarazo constitúe “un novo atentado contra os dereitos das mulleres”. A responsable socialista lamentou que ao presidente da Xunta “non lle interesa” cumprir coa Lei e garantir o dereito das mulleres a abortar no centro sanitario público máis cercano.

A responsable socialista esixiulle ao presidente da Xunta que explique “o por que do recorte aos dereitos das mulleres” e preguntou pola relación de “esta xogada” cos pactos asinados polo PP e o partido de ultradereita Vox nas comunidades autónomas e os concellos de España logo das eleccións municipais e autonómicas. Criticou que con esta decisión veñen a demostrar que “ao PP impórtanlle pouco ou nada os nosos dereitos”.

Reivindicou “unha sanidade pública e de calidade onde as mulleres poidamos abortar nun centro de saúde público” mentres os conservadores tan só están preocupados de “privatizar a sanidade galega”. Lembrou que de acordo coa última reforma da Lei a Consellería de Sanidade “ten que garantir que as mulleres galegas poidamos exercer o noso dereito á interrupción voluntaria do embarazo no centro público máis próximo e con persoal que non apele á obxección de conciencia”.

Por iso considera “un escándalo” o concurso presentado este verán pola Consellería de Sanidade “para externalizar o servizo amparándose no dereito a exercer a obxección de conciencia”. Ademais é unha decisión, lembrou, na que o conselleiro de Sanidade contradise a si mesmo, cando en xaneiro aseguraba que a obxección “non é o problema” e que Galicia contaba con medios “dentro do sistema público”.

Dimisión de Louzán

A responsable socialista pediu hoxe a dimisión do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, logo do seu apoio pechado ao presidente da RFEF, Luis Rubiales. Leticia Gallego trasladou o apoio do Grupo Socialista á futbolista Jennifer Hermoso fronte á “actitude machista” amosada por Rubiales na celebración da vitoria da selección feminina de fútbol na final do mundial do pasado 20 de agosto.

Gallego fíxose eco do apoio do presidente da Federación Galega de Fútbol, que limitou o abuso a un “erro”, e dixo que esta postura supón “defender comportamentos machistas e abusivos” e debe derivar na súa dimisión inmediata. A responsable socialista esixiu “tolerancia cero coas actitudes machistas” e emprazou á vinculación de “todas e de todos” nesta loita para erradicar o machismo do fútbol e da sociedade en xeral.

Fixo un chamamento á implicación dos homes para apoiar unha “loita de todos e de todas para acabar co machismo e facer que haxa igualdade real entre homes e mulleres” e fronte á “mensaxe errónea” trasladada pola extrema dereita, que contrapón que o avance dos dereitos das mulleres supón un retroceso dos homes que non existe.

Trasladou a súa “admiración” e recoñeceu a “valentía” das xogadoras de fútbol, “tamén campioas en denunciar o machismo”, e subliñou que “sen o consentemento da muller non pode ser que se lle dea un bico, se non quere non se lle da, é tan fácil de entender como iso”.

Feijóo en Soutomaior

Leticia Gallego aludiu tamén ao acto político celebrado onte polo PP no Castelo de Soutomaior, un patrimonio público que o propio Louzán abriu a “usos partidistas” como presidente da Deputación. Foi neste emprazamento, sinalou, no que onte Feijóo confirmou a súa “tomadura de pelo” cunha investidura que “el mesmo di que é falida”, ratificando así a necesidade dun goberno progresista “o antes posible” para “atallar os problemas dos homes e mulleres deste país”.

O líder do PP e ex presidente da Xunta viu confirmar a súa “desesperación total” para presentarse como candidato á presidencia do goberno sabendo que está fora do seu alcance unicamente polo seu “fin partidista”. Demostrou así que “non lle importan absolutamente nada os homes e mulleres deste país, que necesitan dun goberno progresista que mellore as súas vidas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33