Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia o “arbitrario reparto” dos fondos públicos da Xunta dirixidos aos festivais de cinema

Noa Díaz reclámalle ao goberno galego que informe sobre as subvencións nominativas achegadas a festivais de cinema de Galicia

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria na que alerta do “agravio comparativo” provocado polo goberno galego no reparto de fondos públicos para os festivais de cinema de Galicia. Díaz reclámalle á Consellería de Cultura que presente por escrito un informe das subvencións nominativas achegadas a este tipo de certames.

A responsable socialista sinala que o goberno galego distribúe unhas axudas escasas concedidas a través do Agadic en réxime de concorrencia competitiva, que compatibiliza con outras partidas concedidas “a dedo” dende outros organismos como a Axencia Galega de Turismo. É o caso, explica, do Festival Internacional de Cine de Ourense – OUFF, que este ano recibiu 100.000 euros de Turismo e outros 60.000 de Agadic, as dúas concedidas por convenio nominativo e sen que ese festival concorra á convocatoria pública de axudas.

Alerta de que o de Ourense non é o único caso, e considera “incomprensible” que algúns festivais teñan que competir pola subvención en concorrencia competitiva de Agadic mentres outros reciben de forma directa unhas contías que superan en moito o que calquera festival pode acadar cada ano.

Díaz lembrou que os festivais e certames de cinema reciben hoxe un 25 por cento menos de orzamento da Xunta que co goberno do socialista Pérez Touriño en 2009, cando había “moitos menos eventos”. Sinalou que a Xunta concede apenas 225.000 euros a través de Agadic, moi por debaixo dos 300.000 daquel goberno e proporcionalmente moi inferior ao que dedican as deputacións da Coruña e de Pontevedra.

Dixo que se o marco administrativo e de financiamento dos festivais de cinema por parte da Xunta de Galicia é a liña de axudas de concorrencia competitiva ás que optan a maioría de festivais, “non se comprende -apunta- que o financiamento autonómico dalgúns sexa a través de convenios nominativos que calquera festival desexaría asinar”.

Remarcou que “é menos explicable que precisamente a axencia que convoca esa liña de subvencións sexa quen achega unha cantidade orzamentaria que supera en moito o que calquera festival concorrente pode acadar cada ano”.

A responsable socialista urxiu ao goberno galego a dar cumprimento do acordo aprobado na Cámara autonómica o pasado 7 de xullo polo que lle reclamaban á Xunta que realice un estudo do retorno económico que supoñen os festivais galegos de cinema e así poder incrementar a liña de axudas destinada a estes certames.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38