Categorías: Actualidade

Os socialistas galegos levan ao Parlamento o “fraude e engano” da Xunta co proxecto Ecobarrio de Ourense

Carmen Dacosta esíxelle ao goberno galego que reactive un proxecto de 2018 que ía xerar 300 postos de traballo cun investimento de 20 millóns de euros

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta anunciou hoxe que a reactivación do proxecto do Ecobarrio da Ponte, en Ourense, será un dos asuntos prioritarios do PSdeG no Parlamento no reinicio do curso político. Dacosta anunciou unha batería de iniciativas para denunciar o “fraude e engano” do goberno galego aos veciños e veciñas da capital con este proxecto.

A responsable socialista lembrou que o proxecto, presentado en 2018 polo daquela presidente da Xunta, Núñez Feijóo, debería ter xerado 300 postos de traballo e un investimento de 20 millóns de euros na cidade. Pola contra, logo de 5 anos tan só investiron 780.000 euros e a sede do proxecto, a Oficina Ecobarrio, permanece “pechada a cal e canto” e nas mans dunha asesoría privada.

Carmen Dacosta empraza ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a explicar “se vai retomar de forma inmediata o proxecto cos investimentos comprometidos ou polo contrario renuncia definitivamente aos 20 millóns de euros e aos 300 postos de traballo que anunciaron”.

A parlamentaria socialista lembra que o PP tense negado ata o momento a aprobar tódalas iniciativas parlamentarias presentadas polo Grupo Socialista para reactivar o Ecobarrio, así como as emendas aos Orzamentos da Xunta. Explicou que nas contas do goberno galego para este ano 2023 só figura un orzamento “irisorrio” de apenas 100.000 euros.

Hit das mentiras de Feijóo

A portavoz do Grupo Socialista no Concello, Natalia González, sinalou que o proxecto de Ecobarrio constitúe “o último hit das mentiras de Feijóo coa cidade” e que evidencia que a Xunta e o PP “nunca apostaron nin apostarán por Ourense”. Logo de 5 anos, dixo, o proxecto que estaba chamado a “marcar un antes e un despois” e facer de Ourense a capital da xeotermina europea quedou en “outro bluff máis da Xunta”.

Preguntou onde foi parar o medio millón de euros dedicados á oficina do Ecobarrio, que leva máis de catro anos pechada, sen rastro dos postos de traballo nin dos investimentos prometidos para levar a xeotermia a 50 fogares do barrio.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23