Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista advirte que a Lei de Igualdade da Xunta está “pensada dende a dereita” e “non acompaña os últimos avances do feminismo”

Noa Díaz presenta as 234 emendas dos socialistas a unha norma “conformista”, que evita recoñecer o aborto como un dereito e busca “facerlle as beiras ás entidades antiabortistas”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, lamentou a falla de ambición da Lei de Igualdade de Galicia, que afronta o seu trámite parlamentario. Díaz presentou hoxe as 234 emendas dos socialistas a un texto “manifestamente insuficiente” e “parece que pensado para non molestar á extrema dereita” aliada do PP “a costa de frear o oso avance social e político e de recortar os dereitos das mulleres”.

Díaz criticou que esta norma “conxela a loita do feminismo pola igualdade real e efectiva de mulleres e de homes” e se demostra “manifestamente insuficiente”  por canto “carece de ningún avance significativo, e moito menos con perspectiva de futuro”. Ao longo do texto o PP e o goberno galego demostran unha alarmante “falla de implicación real e de concreción de medidas”, limitando a norma a unha “declaración de intencións sen efectividade legal”.

Reivindicou un novo marco lexislativo “que pule pola igualdade, que actualice e que avance na procura de máis dereitos”, fronte a un PP que “abraza as teses do que foi presidente de Galicia e que agora parece que deixou a moderación gardada nun caixón”. Lamentou que nesta liña o negacionismo da violencia machista “non está a ser en realidade a liña vermella que a dereita di ter”.

Trátase dunha Lei que máis alá do eido laboral “no desenvolve novas obrigas e dereitos para a consecución da igualdade en materia educativa, nin de saúde das mulleres, nin da saúde sexual e reprodutiva, nin da representación equilibrada”. Ademais, dixo, impón novas obrigas e deberes á administración local, dándolle novas responsabilidades aos Centros de Información á Muller, pero “non compromete en ningunha parte maiores recursos por parte da Xunta de Galicia”.

A responsable socialista reclamou obrigas en materia educativa dirixidas aos centros concertados, así como a inclusión da educación afectivo – sexual na educación, que supón “o primeiro chanzo para rachar co incremento das violencias sexuais”. Lamentou a escasa iniciativa do goberno galego neste sentido para caer “nas mans do seu sector máis conservador”, e propuxo que “non teman e avancemos nesta materia”.

Antiabortistas

Noa Díaz reivindicou “maior contundencia e compromiso” cos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres porque, “gústelle ou non á dereita, o aborto é un dereito, e como tal ten que vir recollido neste novo marco lexislativo”. Criticou que mudaran este dereito por “alusión continuas á maternidade como función social” demostrando unha concepción “que pensabamos que estaba xa superada”.

Lamentou que este texto continúa a “facerlle as beiras ás entidades antiabortistas que a Xunta aínda hoxe segue financiando con cartos públicos”, polo que propuxo a supresión do artigo dedicado á Rede de apoio á muller embarazada.

A responsable socialista lamentou que a norma demostra un “descoñecemento absoluto da realidade da muller rural” e reclama a supresión do título dedicado ás mulleres rurais e do mar porque “merecen un Estatuto para elas a través dunha Lei propia”. Reivindicou “compromisos reais, e no intencións”, que estea consensuada coas entidades asociativas das mulleres do rural e do mar.

O Grupo Socialista emenda case na súa totalidade o Observatorio da muller rural e do mar, concibido para tutelar a estas mulleres, desdebuxando a súa representatividade e suprimindo a presenza das entidades asociativas. Propuxo que existan dous observatorios diferentes e propuxo a creación do Instituto Galego da Muller como organismo independente dedicado plenamente á igualdade entre mulleres e homes.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33