Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para que o Goberno galego elabore un estudo do impacto económico dos festvais galegos de cinema e incrementa as axudas a este sector

Noa Díaz amosa o apoio ao movemento Stopcensura fronte aos “tempos escuros” pola “censura inadmisible que atenta contra a liberdade de expresión e de creación” pola chegada da extrema dereita ás institucións

A Comisión de Cultura do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para que a Xunta realice un estudo do retorno económico que supoñen os festivais galegos de cinema e así poder incrementar a liña de axudas a estes certames. Díaz presentou esta proposición no de Lei que foi aprobada na Comisión de Cultura do Parlamento para reclamarlle á Xunta que incremente os orzamentos para estes eventos.

Díaz lembrou que os festivais e certames de cinema reciben hoxe un 25 por cento menos de orzamento da Xunta que co goberno do socialista Pérez Touriño en 2009, cando había “moitos menos eventos”.

Sinalou que a Xunta concede apenas 225.000 euros a través de Agadic, moi por debaixo dos 300.000 do goberno socialista e proporcionalmente por inferior ao que dedican as deputacións da Coruña e de Pontevedra. Díaz trasladou ao Parlamento a petición da coordinadora Proxecta, que en 2022 organizou 18 festivais nos que participaron máis de 150.000 persoas para ver 1.300 proxeccións, e que supuxeron un investimento de máis de 1,7 millóns de euros.

Pediulle ao goberno galego que faga un estudo do impacto económico que xeran estes festivais no país, que son “moito máis que motores culturais”, xa que posúen un papel como espazos de encontro do sector co público e axentes sociais e culturais e vertebradores da osa cultura”, ademais un importante papel como “impulsores da economía local, o emprego e o turismo”. Reivindicou un estudo semellante ao que realizan para outros sectores, como é o caso do musical.

Stopcensura

A responsable socialista comezou a súa intervención solidarizándose co  movemento Stopcensura de reacción aos “tempos escuros” da “censura inadmisible que atenta contra a liberdade de expresión e de creación”, impulsada pola “extrema dereita á que o PP lle pon alfombra vermella nas institucións”.

Alertou fronte ao “retroceso, tamén en cultura, da liberdade e da democracia” inmediatamente despois da chegada da extrema dereita ás institucións da man do PP, e amosou o seu respaldo a esta plataforma advertindo que “se non hai cultura, non hai democracia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

  1. Procurar, en función da dispoñibilidade de fondos, incrementar o importe das axudas aos festivais do sector audiovisual, tal e como vén realizando nos últimos anos a Xunta de Galicia.

  1. Continuar realizando estudos de impacto no ámbito cultural, tal e como se fixo no caso dos festivais de música ou rodaxes, dando prioridade agora aos festivais de cinema e audiovisual e sempre de acordo coa Asociación Proxecta.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38