Categorías: Actualidade

Noa Díaz urxe á Xunta a elaborar canto antes un plan de acción para garantir a protección e atención ás refuxiadas ucraínas

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia nas que apremia á Xunta a pór en marcha de maneira urxente un plan de acción para garantir a prevención, protección e a atención ás mulleres refuxiadas.

“Ese programa”, explica a parlamentaria do PSdeG, “debería sufragarse cos fondos non comprometidos en anos anteriores do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero”, de acordo coas posibilidades que ofrece o recente o Real decreto-lei polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína.

En paralelo, Noa Díaz tamén lle reclama á Xunta que acelere o proceso para que servizos públicos ou entidades sociais colaboradoras da administración autonómica acrediten a condición de vítima de trata e explotación sexual, tal e como posibilita o mesmo decreto.

Polo miúdo, Noa Díaz explica que o Plan de resposta aprobado en marzo promove que se destinen os fondos do Pacto de estado contra a Violencia de Xénero de anos anteriores, e que non estean comprometidos, a pór en marcha todos os proxectos ou programas preventivos e asistenciais necesarios. Tamén se poden empregar esas cantidades a iniciativas que, no contexto da crise humanitaria derivada do conflito bélico, teña como finalidade garantir a prevención, protección e a atención ás mulleres refuxiadas.

Ademais, o paquete de medidas do goberno central tamén contempla medidas concretas no ámbito da atención á trata e á explotación sexual. Neste eido, o obxectivo é dar resposta ao risco que leva aparellado o desprazamento masivo de mulleres, nenas e nenos, tal e como alertan diversos organismos internacionais.

Así, unha das medidas incide no recoñecemento da acreditación de vítima de trata e explotación sexual, incluídas as mulleres que foxen do conflito armado en Ucraína.

En concreto, establécese que esa condición vai poder ser acreditada polos servizos públicos encargados da atención integral ás vítimas e ás entidades sociais debidamente recoñecidas polas administracións públicas especializadas na materia.

A deputada socialista subliña que “esa acreditación resulta moi importante” porque, entre outras cousas, dá acceso aos dereitos de información e derivación a recursos asistenciais establecidos na normativa estatal e no artigo 12 do Convenio de Varsovia. Tamén, no caso de cumprir o resto de requisitos, ao Ingreso Mínimo Vital.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21