Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena levará ao Parlamento a destrución do humidal e as turbeiras de Castriz, en Santa Comba, por unha plantación masiva de eucaliptos

Anuncia a presentación de iniciativas para que a Xunta investigue e dea contas deste “despropósito e atentado ambiental” nun hábitat prioritario dende o punto de vista ecolóxico

O deputado socialista, Pablo Arangüena, anunciou que o PSdeG levará o Parlamento de Galicia unha batería de iniciativas para reclamarlle á Xunta que investigue, dea explicacións e poña freo á destrución dun extenso humidal e zona de brañas e turbeiras no lugar de Castriz, no municipio de Santa Comba.

Arangüena -acompañado do tamén deputado socialista Martín Seco- visitou esta semana a zona, onde se está a transformar unha extensión de máis de cen hectáreas de turbeira e breixo nun enorme eucaliptal “que vai desecar este humidal e eliminar a vexetación”. Lembrou que, tanto este tipo de hábitats como esta especie, son “prioritarias”, segundo a directiva europea de hábitats.

Trátase dunha zona de alto valor ecolóxico e que a Xunta debera protexer”, sinala. Por iso, estamos ante “un auténtico despropósito e un atentado ambiental de gran magnitude”, ante o que o goberno galego debe actuar e dar explicacións.

De feito, o parlamentario do PSdeG sinala que se trata dunha das áreas de turbeiras e brezal máis extensos de Galicia. Porén, “a Xunta nin sequera o ten catalogado e, polo tanto, a efectos administrativos non existe e pódese destruír sen máis”.

Como mostra da súa importancia, Arangüena explica que malia que os humidais, como esta turbeira, non chegan ao 5% da superficie do planeta, estímase que proporcionan o 40% dos servizos ecosistémicos. Contan cunha enorme biodiversidade e achegan beneficios no ciclo da auga, no alimento de especies ou na prevención de inundacións e incendios.

Ademais, indica que as turbeiras, en particular, son un dos maiores sumidoiros de carbono do planeta e están ameazadas en Galicia pola eucaliptización, sobre todo, e polos proxectos eólicos. Así, lamentou que dos humidais galegos queda o 50% dos que había a principios do século pasado e tan so está teoricamente protexida unha mínima parte.

Esa falta de catalogación da gran maioría dos humidais galegos -en particular das turbeiras, que son sumidoiros de CO2- está levando a “que se permita a súa destrución acelerada e xeneralizada, sobre todo por plantacións de eucaliptos e parques eólicos, ante a total pasividade da Xunta”.

Nesta liña, Pablo Arangüena explica que existe un decreto do ano 2008 que obriga a elaborar un inventario dos humidais de Galicia, pero “o goberno de Feijóo, incriblemente, négase a cumprir a súa propia normativa e tamén a acatar a europea”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09