Categorías: Actualidade

Noa Díaz pide á Xunta que colabore co Concello de Oroso na “imprescindible e urxente” actuación da mellora da depuradora de Sigüeiro

Leva a cuestión ao Parlamento para urxir á Xunta un compromiso coa mellora desta instalación

A deputada socialista Noa Díaz pediu hoxe á Xunta que colabore co Concello de Oroso na “imprescindible e urxente” actuación da mellora da EDAR de Sigüeiro. Fíxoo, despois de presentar unha batería de iniciativas neste sentido no Parlamento de Galicia.

Neste contexto, a dirixente socialista denunciou as “deficiencias” da depuradora de Sigüeiro que fan que os rendementos de depuración estean “por debaixo das garantías de deseño” da instalación, “o que pode dar lugar a incumprimentos da directiva europea, alivios da auga bruta por avarías nas bombas de cabeceira ou cheiros co conseguinte impacto negativo sobre o medio e a contorna”.

Malia que o Concello de Oroso abona anualmente 90.000 euros polo canon de saneamento da auga, sinalou Díaz, a Xunta nos últimos 13 anos “non reverteu esta achega económica en ningunha obra de mellora, cuestión que non acontece da mesma forma noutros concellos”, onde o Executivo autonómico sufragou actuacións de mellora, o que dá lugar a un “agravio comparativo” entre os diferentes municipios.

Dende que a depuradora entrou en funcionamento en 1998 e malia que dende o seu inicio se constatou que a instalación estaba excedida na súa capacidade de tratamento, a primeira obra de mellora se levou a cabo foi en 2009, pero a actuación, lamentou a socialista, “non foi todo o efectiva que se precisaba”.

Ante esta circunstancia, a empresa explotadora da instalación, a mandato do Concello, elaborou dous informes, en 2016 e 2020, cunha avaliación da situación das instalacións e un orzamento de mellora valorado, na última memoria, en 253.000 euros, polo que agora, concluíu Díaz, “é de xustiza que a Xunta cumpra co Concello de Oroso e colabore na mellora da depuradora de Sigüeiro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10